Esta mañán presentouse ante os medios o espectáculo musical que este sábado se estreará na praza da Quintana de Santiago ao redor da figura e as cancións de José Castro “Chané”. 17 músicos actuarán nas festas do Apóstolo este 29 de xullo ás 22 h nun concerto inédito do que se falou hoxe no Auditorio de Galicia coa presenza do director artístico do proxecto, Ramom Almuinha, a vicepresidenta da Deputación da Coruña Goretti Sanmartí ne Concha Fernández do Concello de Santiago para describir o que se poderá ver no palco este sábado: unha mestura de canción galega de concerto con arranxos en clave de jazz cubano para sexteto e camerata clásica sobre o repertorio de Chané que compuxo melodías para poemas de escritores galegos coma Curros Enriquez ou Rosalía de Castro.