Hoxe presentouse o novo espectáculo ideado e producido desde aCentral Folque, Chané na Habana, o espectáculo co que 16 músicos de Galicia e de Cuba -tamén de España, de Hungría, de Xapón ou de Romanía- homenaxearán ao xenial compositor no 100 aniversario da súa morte. Unha proposta musical extraordinaria da que só se ofrecerán dous concertos, nas principais cidades chanelianas:
– En Santiago de Compostela, o 29 de xullo, na Praza da Quintana
– Na Coruña, o 3 de agosto, na Praza de María Pita
A presentación esta mañá no Teatro Colón da cidade herculina contou coa participación de:
– O músico cubano Alejandro Vargas e a cantante galega Rosa Cedrón, que ofreceron en exclusiva para a prensa asistente un petisco do espectáculo
– Manuel Dios Diz, concelleiro de Educación e Cidadanía de Santiago de Compostela
– José Manuel Sande, concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento da Coruña
– Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña
O acto foi conducido por Ramon Pinheiro, director artístico do proxecto.