Rolda de prensa de Sons do Mercado

sonsmercadoRoldaEsta mañá presentouse aos medios de comunicación o acto que terá lugar mañá ás 20.30 h no Teatro Principal de Santiago de Compostela: a estrea do documentario Sons do Mercado. O evento contará coa proxección da película no que ademais se manterá unha conversa con Marcos Nine, director da película e Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo.

Á rolda asistiron numerosos medios que puideron saber do proxecto na que asistiron o propio realizador e concelleira, acompañadas de Alejandro Vargas, compositor e intérprete da banda sonora da película. Na mesma se falou da necesidade de revalorización de espazos de encontro e venda coma o mercado de Salgueiriños, obxeto do mirar de Marcos Nine neste documental que só se poderá ver mañá na estrea pero que non estará disponível ao público até que sexa presentado oficialmente nos distintos festivais nacionais e internacionais aos que está xa candidatado.

“Sons do Mercado” é un documental dirixido por Marcos Nine (A Illa, 1977) comisionado por aCentral Folque. Unha ollada deste realizador sobre o mercado de Salgueiriños que cada xoves monta neste barrio compostelán. A encarga enmárcase dentro do programa “Efecto Proximidade” que aCentral Folque desenvolve para o Concello de Santiago de Compostela arredor dos mercado e feiras da cidade para pór en valor e dinamizar este espazo social e económico de encontro veciñal e venda.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario