Estes domingo 26 de novembro presentarase ao vivo o disco EMPA#01, un traballo feito durante o curso 2016-17 no Curso Maxistral da Escola de Música Popular e Avanzada. En forma de concerto os músicos que gravaron este traballo en xuño tocarán os temas deste disco que podes escoitar nas plataformas dixitais habituais. O alunado do Curso estivo baixo a dirección e arranxos dos mestres Alejandro Vargas, Javier María López e Pablo Pérez Sanmamed. O acto será a partir das 20 h no SCQ café (rúa das Orfas, 2) no corazón de Compostela.
O disco EMPA#01 son dous anos de traballo nas aulas deste Curso Maxistral que pretende profundizar nos fundamentos e distintas posibilidades da música tradicional. Como traballo de fin de estudos, o alunado gravou en xuño de 2017 o primeiro volume desta colección que pretende cada ano editar un novo disco baixo a dirección dos mestres que dirixen o último curso.
Este 2017 contou coa guia de Alejandro Vargas, Pablo Pérez Sanmamed e Javier María López. Na gravación tocaron:
- Laura Souto: frauta
- Miguel Fontenla: piano
- Martiño Cabarcos: sanfona
- María G. Blanco: violino
- Alba María Rodríguez: voz
- Javier María López: frauta e guitarra
- Alejandro Vargas: piano
- Pablo Pérez: contrabaixo
O disco foi gravado o 2 de xuño de 2017 nos estudos A Ponte de Santiago con Tomás Ageitos como técnico de son e Dr.Chou na masterización.
Os temas gravados son orixinalmente tradicionais:
- Cantos de sega
- Carballesa
- Entroido de Mera / Gankino Horo
- Muiñeira de Barro
- Redonda de Lobeira
A arte gráfica é de Ricardo Cabanelas (Reviravolta design) sobre unha imaxe de Ugia Pedreira.
Onde escoitar o disco EMPA#01?