Este mércores 1 de febreiro de 2017, ás 20:00 horas, no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela (rúa do Monte dos Postes, s/n) haberá un concerto-presentación do disco Evocación, do pianista Alejo Amoedo con repertorio do compositor Reveriano Soutullo.
Logo dúns anos recolleitando, investigando, estudiando e divulgando a obra para piano do compositor Reveriano Soutullo (1880-1932), Alejo Amoedo decidiu plasmar os resultados nún CD que se titula “EVOCACIÓN”. Nel van incluídas 20 obras do mestre, así como un libreto de 36 páxinas que inclúe presentación a cargo da presidenta da Fundación Soutullo, Rosa Arija e o catedrático da Universidade de Santiago, Carlos Villanueva; conta tamén cunha cronoloxía vital así como unha portada con debuxo artístico de Irene Silva, fotos e imáxenes inéditas.