Seguen os actos previos ao XLV Día da Muiñeira da man da Asociación Duos Pontes coa presentación do último libro da Chave Mestra e un concerto de Óscar Ibáñez Trio coa gaita orixinal de Xoán Tilve. Este mércores 1 de xuño o novo número da colección Chave Mestra editada por aCentral Folque Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó. Gravacións históricas de X. Filgueira Valverde será presentado na Casa das Campás de Pontevedra dentro dos actos do XLV día da Muiñeira organizado pola Asociación DUOS PONTES.
Este minucioso estudo sobre un dos máis grandes nomes da historia da gaita en Galiza foi realizado polo músico e investigador Oscar Ibáñez e o musicólogo Xavier Groba e se presenta nun preciosista formato libro-disco.
No acto intervirán o propio Oscar Ibáñez e Ramon Pinheiro, editor do libro e director d’aCentral Folque.
O acto contará coa presentación por parte do editor Ramon Pinheiro e cun concerto-comentado do propio Oscar Ibáñez no que interpterará unha seleción de temas recollidos no traballo coa histórica gaita orixinal de Manuel Villanueva que pertenceu ao gaiteiro de Campañó e a súa estirpe; os últimos tocadores en pechado da comarca de Pontevedra. Emulando à formación orixinal do de Campañó, Ibañez estará acompañado por Andrés Vilán ao redobrante e Cristian Silva ao bombo.
O acto é de balde.
Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó. Gravacións históricas de X. Filgueira Valverde
Formato: Libro-disco.
Capa dura, 138 x 196 mm, 160 páxinas, 1 CD
aCentral Folque, 2015.
PVP: 20€
Em 1947 aproveitando os novos medios técnicos disponíbeis na cidade para a gravación sonora, grazas aos estudios de Radio Pontevedra, X. Filgueira Valverde decide levar adiante unha gravación documental insólita e de grande valor etnomusicolóxico e cultural: a das Marchas do Corpus vello de Pontevedra tocadas por Xoán Tilve, gaiteiro de Campañó no contexto da tradicional celebración. Tres anos despois morría o gaiteiro de Campañó.
No ano 1999 Ramon Pinheiro, actual director de aCentral Folque, realiza un inventario dos rexistros fonográficos do Museo de Pontevedra e promove a dixitalización do dubplate promovido por Filgueira, seriamente deterioriado polo paso do tempo. Ao Museo transládase a unidade móbil da Radio Galega e o enxeñeiro de son Pablo Barreiro realiza a primeira dixitalización e restauración desta xoia do patrimonio sonoro de Galiza. En total se contabilizan dúas eruditas alocucións pronunciadas polo propio Filgueira Valverde e catro temas interpretados polo Gaiteiro de Campañó.
A investigación e texto da presente edición correu a cargo do músico e investigador Óscar Ibáñez, responsável do estudo biográfico e a edición de partituras do repertorio de Xoán Tilve, e ao musicólogo Xavier Groba, autor dunha profunda análise sobre o contexto, fondos e o legado musical de Casto Sampedro e Filgueira Valverde no Museo de Pontevedra.
O disco inclue a dixitalización íntegra das gravacións históricas e a gravación do repertorio histórico do Gaiteiro de Campañó, tocado co seu instrumento orixinal, polo propio Óscar Ibáñez acompañado por Cristian Silva no bombo e Andrés Vilán no redobrante. A gravación correu a cargo de Pablo Barreiro e realizouse nos estudos da Radio Galega no verán de 2015.
XLV Día da Muiñeira
O día grande desta celebración será o vindeiro venres 3 de xuño, cando polas rúas da cidade desfilen os máis de 500 bailadores e bailadoras de 18 agrupacións que concorren este ano ao Dia da Muiñeira, organizado pola Asociación Duos Pontes.