Presentación do libro Adelino Pichel

PresentacionPichelO vindeiro mércores 23 de decembro, ás  20 horas, no Salón de actos do Concello de Forcarei (praza da Igrexa, 1) presentarase ao público unha cuidada e rigurorsa monografía sobre o lexendarIo gaiteiro Adelino Pichel (1907-1994) que inclue un CD con 35 gravacións orixinais. Esta iniciativa de aCentral Folque contou co apoio do Concello de Forcarei e da Radio Galega.

Na presentación intervirán o autor Juanjo Fernández e o editor e director da colección Chave mestra Ramon Pinheiro e a Alcaldesa de Forcarei Belén Cachafeiro. Como feche está prevista a intervención musical de Juanjo Fernández e o seu trio Biouteiro, autor do libro interpretando unha selección do repertorio de Adelino Pichel e outros gaiteiros de Forcarei así coma do bisneto de Adelino, Diego López Cosme, ex-aluno da Escola Folque

ADELINO PICHEL E OS GAITEIROS DE FORCAREI recolle os periplos vitais e as obras do repertorio de Adelino Pichel, o último maestro do toque pechado e da antiga forma de interpretar a gaita de fol na Terra de Montes. O libro conta con abundante documentación gráfica e coa transcrición e analise dun amplo e valioso repertório transmitido por Adelino Pichel sen olvidar tamén as principais referencias para o mundo da gaita no s.XX filiadas a Forcarei: Alfonso Ramos, Castor Cahafeiro, Jaime Barreiro, José Firvida Maduro, Manuel Cabada, Ángel Rapado, Ramiro Cortizo e Jesús campos. No CD podemos escoitar en versión orixinal unha selección de 33 gravación inéditas de Adelino Pichel realizadas entre 1984 e 1990 por Juanjo Fernández. O CD inclúe tamén dúas gravacións inéditas de outros gaiteiros do concello: Castor Cachafeiro, membro dos míticos Gaiteiros de Soutelo de Montes e Jesús Campos.

Juanjo Fernández, o autor do libro, é un profundo coñecedor da dimensión musical de Adelino Pichel e do que supón no contexto da Música Popular Galega como un referente inexcusábel da mellor tradición gaiteira pontevedresa para as novas xeración de músicos e afeizoados. Fernández compartiu inúmeras horas con Adelino e ten sido o mais destacado divulgador entre músicos e público tanto da sua figura como do seu repertório e técnica interpretativa.

Chave Mestra é unha colección de libro-disco de aCentral Folque que afonda no coñecimento de personaxes históricos do patrimonio musical e oral galego. Artistas que destacaron e ofreceron a súa personalidade, bon facer e axudaron a transmitir un coñecemento esencial do presente cultural galego. Gaiteiros, zanfoneiros, violonistas, narradores, acordeonistas… Aquí comeza unha serie de publicacións para rescatar, descubrir e divulgar, figuras indispensabeis da cultura tradicional galega. Libros de alta calidade con fotos inéditas, ensaio histórico e musical, transcrición de partituras e CDs con gravacións orixinais e inéditas en cada unha das publicacións.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario