Presentación do libro “Maruxa das Cortellas”

O vindeiro domingo 11 de marzo preséntase o libro “Maruxa das Cortellas. Tocadora de pandeiro…” que Xulia Feixóo escribiu para a colección da Chave Mestra que edita aCentral Folque. O evento terá lugar na Casa da Cultura de Soutomaior a partir das 19 h e falarán a propia autora, Alba María da parte da editorial  aCentral Folque e Cristina González Piedras, concelleria de Igualdade do Concello de Soutomaior. Ademais haberá unha actuación musical sobre repertorio de Maruxa a cargo de Xisco Feijoo e Alba Faro e das Pandereteiras Soutomaior.

Maruxa das Cortellas foi unha tocadora esencial, das últimas detentoras da viva tradición de tocar o pandeiro cadrado na zona de Pontevedra, dotada dunha excepcional voz e un repertorio prototípico. Con esta monografía, aCentral Folque quixo recoller a primeira publicación sobre o adufe que se publica en galego.


Existe na provincia de Pontevedra un conxunto minoritario de cantantes que teñen como denominador común o acompañamento rítmico do pandeiro cadrado, tocado fundamentalmente por tocadoras femininas.

Até o primeiro terzo do século XX este repertorio acompañou so seu rouco son moitas das prácticas rituais da sociedade preindustrial galega.

Ao mesmo tempo, a suá presencia foi habitual nos seráns como instrumento acompañante das cantigas bailabeis. Desta forma, as tocadoras conservan na súa memoria bo número de xotas, ribeiranas, valses, pasodobres, chiqui-chiquis e rumbas.

é indiscutíbel que a música vocal de tradición oral da Galiza se escribe en feminino. Maruxa é un deses nomes que sobresaen do anonimato colectivo.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario