Presentación do libro “Na harmónica”

O vindeiro xoves 19 de decembro ás 19.30 h terá lugar no Salón de Plenos do concello de Cangas a presentación do disco do mítico músico Xico de Carinho “Na harmónica”, un traballo editado en formato de libro dun dos artistas máis senlleiros do país.

Natural de Cariño e  cidadán do mundo, especialmente o lusófono, afincouse hai moitos anos no Morrazo desde onde este mestre ten fundado grupos e proxectos  con compromiso,  militancia e axitación cultural.

Entre centos de músicos, concertos, encontros, festivais ou iniciativas, a presenza militante de Francisco Peña Villar, Xico de Cariño, é unha constante desde os anos 60. Xico é unha personalidade singular, que foi punto de conexión de José Afonso con Galiza desde os anos 70, cando se coñeceron en París, até a homenaxe de 1985 no parque de Castrelos, organizada polas Asociacións Culturais e o xornal “A Nosa Terra”. No limiar de entrar na súa oitava década, Xico ofrécenos o que é o seu primeiro disco propio, coas constantes do seu repertorio galego e luso-brasileiro orbitando arredor da harmónica, o instrumento máis amado por el. “Na harmónica” abre Zeca, a nova colección de Libros-Cd de aCentral Folque.

Detalles do libro/CD:

  • Libro-CD
  • Colección: ZECA
  • Ref: Z 01
  • Páxinas: 90
  • Fotografías e ilustracións orixinais: 30
  • Idiomas: Portugués e galego
  • ISBN 978-84-949511-6-9

Se che interesa o libro, podes mercalo na túa libraría máis próxima -se non o teñen, poden depila á distribuidora. tamén podes pedilo na tenda online de Inquedanzas Sonoras aqui. (PVP: 20 €)

 

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario