Libro sobre o gaiteiro de Poso

Presentación, concerto e baile para o libro “Manuel López López. O gaiteiro de Poso” da colección Chave Mestra. Este martes 31 de outubro no Salón de Plenos do Concello de Navia de Suarna ás 18 horas e contará coa asistencia dos autores: Sergio Cobos, Iván Costa e Carlos Rey;  o editor da colección Ramon Pinheiro, o alcalde da vila José Fernández e o representante da Deputación de Lugo, Argelio Fernández Queipo.

No acto ademais interpretaranse pezas do repertorio de Poso coa gaita orixinal, cedida pola familia do músico.

Un novo título da colección Chave Mestra vaise presentar en Navia de Suarna. “Manuel López López. O Gaiteiro de Poso” é un libro sobre este singular músico escrito por Carlos Rey, Iván Costa e Sergio Cobos. Como todos os títulos desta colección, contén un CD con música inédita, gravacións documentais ao longo de corenta anos de carreira artítica de Manuel López, gaiteiro que amenizou as festas da contorna desta comarca dos Ancares cun estilo único. Ademais de comentarios biográficos e musicais, hai transcripcións a moitas das súas singulares interpretacións.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

3 Comments

  1. ROBERTO ALVAREZ LOPEZ

    NECESITAMOS COMPRAR UNAS EDICIONES DEL LIBRO O GAITERO DE POZO DE MANUEL LOPEZ LOPEZ SI HUBIERE ALGUNA FORMA LE ENVIÁRAMOS UN JIRO BANCARIO. TAL MATERIAL ES PARA LA SOCIEDAD NAVIA DE SUARNA EN LA REPUBLICA ARGENTINA EN ESPECIAL SU CUERPO DE BAILE GAITAS Y PANDERETAS DE YA MUY AGRADECIDOS POR CUALQUIER INFORMACION AL RESPECTO. TAL PEDIDO LO HACE UN MIEMBRO DE COMISIÓN DIRECTIVA

  2. hola Roberto, te contestamos por mail

  3. Yago Garcia Sobrado

    Necesito un ejemplar de este libro

Deixa unha resposta a Folque Cancelar a resposta