Presentación do libro sobre o gaiteiro Poso

Este xoves 29 de marzo en Lugo preséntase o libro “Manuel López López. O gaiteiro de Poso” da colección Chave Mestra. Contará coas verbas dun dos autores, Sergio Cobos, e ao remate unha foliada aberta. O acto comezará ás 21.30 h en La Cosechera de Lugo (Rúa Irmáns Vilar Ponte, 19)

“Manuel López López. O Gaiteiro de Poso” é un libro sobre este singular músico escrito por Carlos Rey, Iván Costa e Sergio Cobos. Como todos os títulos desta colección, contén un CD con música inédita, gravacións documentais ao longo de corenta anos de carreira artítica de Manuel López, gaiteiro que amenizou as festas da contorna desta comarca dos Ancares cun estilo único. Ademais de comentarios biográficos e musicais, hai transcripcións a moitas das súas singulares interpretacións.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario