Presentación dos “Contos de Joselín”

José Rodríguez de Vicente, Joselín, é o protagonista dos primeiros documentos sonoros do teatro galego (1929-1954). aCentral Folque publica a integral dos seus contos por primeira vez e presenta nun libro con CD unha coidada edición cun estudo da profesora da UdC Laura Tato e a transcripcións dos seus contos, descubrindo algún inédito que se descoñecía. 

As presentacións deste libro están a ter lugar en diversas vilas e cidades galegas ao longo destes meses coa presenza de Ramom Pinheiro, director artístico d’aCentral Folque e coordinador da edición e a propia Laura Tato, especialista na historia do teatro galego moderno.

Capa Os Contos de joselinValentín Paz-Andrade definiu a «Joselín» como un xograr que soubo enraizar os seus contos na antiga tradición do escarnio popular de mariñeiros e labregos. Un artista capaz, a través dos seus discos de contos galegos, de facer estalar o riso. O seu maior momento de popularidade foi de 1929 a 1932, en Galiza, e xa nos anos 30, en Arxentina.

A integral dos contos galegos de Joselín, pioneiro na arte na narración oral, que logo foi continuada por contadores posteriores coma o Xestal ou Farruco, nunca antes fora compilada.

Podes consultar a axenda aquí:

Sen eventos

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario