Primordiais na Rede de Músicas Soltas

Continúa a Rede de Músicas Soltas de Redondela co segundo concerto do ciclo logo do suceso de Juan Perro na inauguración da Rede. Este sábado 18 de febreiro con Primordiais, dúo de arpa, voz e percusión formado por Luis Martíns e Marcelo DoBode, dous primos que, desde Soutomaior nos traen as súas “musicas de OrTa”, musicas en crecemento, simbiose perfecta entre tradición e Modernismo. Eles veñen presentar o seu disco “Drogueria Moderna” e, ademais do concerto no Auditorio, farán tamén presentacións aos escolares da vila para que os máis novos coñezan de perto estas músicas tan próximas e, se cadra, tan descoñecidas para eles no IES Mendinho e no CEIP de Laredo.

Este será un concerto íntimo cheo de dozura, melodías recollidas da tradición oral con arranxos simples e efectivos, dunha grande forza estética que transportan á sociedade rurubana moderna toda a lírica dos cantos antigos e incorporacións de ritmos con que as nosas avoas facían os seráns nas zonas de arredor de Pontevedra de onde estes dous novos músicos beben nas súas fontes.

Info práctica

  •  Calendario: 18 febreiro 2017
  • Hora: 21 h
  • Lugar: Auditorio da Xunqueira de Redondela.
  • Billetes: 7 € / 5 € reducida (agás Juan Perro: 20€ billeteira/15€anticipada/10€reducida)
  • Descontos: nen@s menores de 10 anos, parados ou persoas pensionistas. Menores de 3 anos entrada libre deben ocupar butaca co pai/nai.
  • Venda de entradas: Auditorio da Xunqueira desde o mércores da semana do concerto en horario de 10 h a 14 h e de 17 a 21 h. Reserva no mesmo lugar, ou no teléfono 986 40 28 65, desde o mércores da semana de cada concerto. IMPORTANTE: as reservas hai que recollelas até o sábado até ás 14 h no propio Auditorio, do contrario quedan a disposición da billeteira antes do concerto.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario