Profesorado do Curso Maxistral

cursomaxistralempaUn elenco moi selecto e variado de mestres e mestras impartirán a docencia do Curso Maxistral d’aCentral Folque para este ano académico 2016/17. Nomes propios da historiografía e da interpretación e composición da música galega popular contemporánea sen parangón en ningunha outra iniciativo pedagóxica para abordar temas como a análise e etnomusicoloxía, os arranxos en grupo, o repertorio dos cancioneiros históricos, a práctica do baile e do canto, a transmisión oral de melodías, a técnica vocal, a gaita na música tradicional ou erudita, a historia e os contextos sociais, harmonía moderna,…

A partir dos catro bloques temáticos que ofrece este curso: Histotria (Ramom Pinheiro), Análise musical (Sergio de la Ossa), Repertorio (Pablo Pérez) e Arranxos (Alejandro Vargas), seminarios específicos tanto teóricos coma prácticos serán desenvolvidos por docentes especialistas en cada unha das súas áreas. Así teremos como convidadas a figuras coma Dorothé Schubart,  Rosalía Rodríguez Vázquez, Paulina Ceremuzynska, José Manuel Díaz, Olga Kirk, David Bellas, José Luís do Pico Orjais, Nacho Muñoz,  Óscar Ibáñez,  Carlos Freire, Pablo Pérez, Fernando Abreu, Carme Iglesias, Maisa Lago, Alba María, Xavier Groba ou Tomás Ageitos entre outros que aprenderanos a súa sabedoría en diversos eidos aplicados á música popular.

Para coñecer máis detalles deste curso, visita o espazo web do Curso Maxistral: https://www.folque.com/01.140415wp/ensino/escola-musica-popular-avanzada/curso-maxistral-acf/

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario