Queres coñecer a fondo a música galega?
Pois aquí está o lugar que buscas. aCentral Folque ofrece un “Curso Maxistral” para coñeceres a fondo a música popular contemporánea galega. Desde o estudo dos contextos e a análise das formas patrimoniais da música feita neste curruncho de europa, influencia e contaxio de moitas outras músicas que foron chegando co paso dos séculos até a práctica das novas formas e linguaxes actuais que enriquecen esta manifestación propia. Isto é o que ofrece o Curso Maxistral, a posibilidade de coñecer e practicar con mestres e especialistas de primeiro nivel, membros activos da conformación desta rica escena na actualidade. Nun percorrido de dous anos onde estudar e analizar os caracteres diferenciais e definitorios da música galega conservados no canto por transmisión oral, os cancioneiros históricos desde o século XIX, os contextos socioculturais onde se producen e a posta en práctica dun estilo propio que unifica unha forma de facer música no noroeste da Península Ibérica.
Da man de catro mestres titulares (Alejandro Vargas, Pablo Pérez, Ramon Pinheiro e Sergio de la Ossa) e máis de quince convidadas que ofrecerán seminarios específicos sobre canto, baile, formas instrumentais, etnomusicoloxía, arranxos, composición,… tais coma Dorothé Schubart, David Bellas, Olga Kirk, José Luís do Pico, Fernando Abreu, Paulina Ceremuzynska, Xavier Groba, Carme Iglesias, Javier María López, Rosalía Rodríguez,… En trinta semanas cada ano, o obxectivo é dotar ao alunado dunha visión xeral especializada do que é a música popular galega e ofrecer as ferramentas para desenvolver cadanseu estilo e linguaxe musical.
Se tocas algún instrumento ou cantas, este é un lugar perfecto para ti. Unha aprendizaxe que non se pode atopar en ningunha outra escola ou libro ao respecto. Non importa o teu background, só o teu interese. Se vés da música académica, de banda, jazz ou es autodidácta, este é o lugar onde poderás empoderarte dun saber que enriquecerá a túa linguaxe artística do coñecemento para facer a túa música universal desde o local, desde a raíz galega que nos diferencia como cultura.
Toda a información aquí