Radio Boga en Coruña

Este sábado 19 de xaneiro ás 20.30 na Fundación Luís Seoane terá lugar na Coruña un evento único, un espectáculo  de radio ao vivo con conexións á vida da emigración americana rememorando á locutora máis recoñecida pola comunidade galega na diáspora arxentina: Maruxa Boga e o seu programa Recordando a Galicia que se emitiu en Bos Aires durante máis de 30 anos na segunda metade do s.XX. Difundía e poñía en valor a música e a cultura galegas nun dos programas con maior audiencia na emigración.

Desde Galicia Emigrante de Luis Seoane  a Recordando a Galicia de Maruxa Boga, o espectáculo Radio Boga recrea, a través da estrutura dun programa de radio, a lareira onde se cociñaron as músicas de ida e volta da emigración, o pensamento político da segunda metade do século XX, a arte, a divulgación, ou a crítica.

Afondando nas figuras da locutora e actriz Maruxa Boga e mais do pintor, escritor e locutor Luis Seoane, a xornalista María Xosé Porteiro, como unha Maruxa Boga dos nosos días, será a encargada de guiar o programa. As convidadas a este programa especial serán Yolanda Castaño, Luz Darriba, Manuel Lourenzo, Xesús Blanco e Quique Peón que achegarán o seu pensamento, e se intercalará coa participación musical en directo de Ugia Pedreira, o dúo poético-musical de Marina Oural e Chefa Alonso, e o gaiteiro Óscar Ibáñez.

é un espectáculo ao vivo que vai ser gravado en formato de podcast que se pendurará posteriormente, poderase tamén escoitar en diferido esta Galiza que se move por un océano de versos, tintas, pinturas e pensamentos.

O evento terá lugar na Fundación Luís Seoane, na cidade da Coruña ás 20:30 con entrada libre até completar aforo.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario