aCentral Folque organiza neste mes de decembro varias actividades ao redor da regueifa en Santiago de Compostela. Tres regueifas con chocolate no centro e unha sesión no mercado.
Estes son os detalles das mesmas:
Regueifas con chocolate: chocolatada gratis e sesión de regueifa
- Domingo 13 decembro, Praza do Obradoiro. 18.30 h. Regueifeiros: Pinto d’Herbón e Suso de Xornes
- Domingo 20 de decembro na praza Roxa. 18.30 h. Regueifeiros: Luís “O Caruncho” e Bieito Lombariñas
- Domingo 27 decembro na Carreira do Conde. 18.30 h. Regueifeiros: Josiño da Teixeira e Quique Estévez.
Dentro das actividades de Nadal nas Rúas do programa xeral das festas organizadas polo concello de Santiago de Compostela, aCentral Folque argalla tres xornadas en cada domingo de Nadal con chocolatada de balde e unha sesión de regueifa na praza do Obradoiro, ao pé do Pazo de Raxoi e dúas na praza Roxa. O chocolate servirase a partir das 18.30 h de balde e está fornecido pola tenda local de pasteis tradicionais e outras delicias Lambona da rúa de San Pedro.
Sesión de regueifa: dentro do programa Efecto Proximidade
- Xoves 24 decembro, 11.30 h, Mercado de Salgueiriños. Tamén con chocolate gratis. Regueifeiras: Alba María e Luís “Caruncho” dentro do especial Efecto Proximidade promovido pola concello de Santiago de Compostela
A regueifa é o pan de voda polo que os convidados podían competir nunha competición de improviso oral e así ficou o nome para este tipo de manifestación da cultura popular dun “canto ao desafío”, un diálogo cantado no que os improvisadores buscan a empatía do público e a mofa do contrincante para amosar o seu verbo rápido, agudo e picante. Esta denominación (regueifa) propia de Bergantiños coñécese como brindos e son comúns á zona dos Courel, unha tradición moi viva noutras partes da Península coma o norte de Portugal ou Euskadi. Desgarrada, despique, repente, etc. son outros nomes do mesmo fenómeno sempre actuais e de enorme interese para o público por ser unha arte viva, espontánea e inmediata.