Rematou a RMS en Redondela

A Rede de Músicas Soltas en Redondela chegou ao seu fin neste 2014, seis meses de programación no Auditorio da Xunqueira coa música popular que actualmente se fai na Galiza. Unha remesa de proxectos que amosaron a boa saúde creativa que gozamos no país. Bandas de pequeno formato para un Auditorio moi axeitado e de grande calidade acústica cun público que ateigou a última das sesións co concerto de Kepa Junquera e Xabier Díaz.

Esta RMS pretende ser un escaparate da música galega feita en galego con artistas galegos ou foráneos que residen no país ou de fóra que fan música galega. Contamos un concerto nun sábado ao mes que abriu Fred Martins+Ugia Pedreira con “Acrobata”, nun dos seus últimos concertos como dúo.

Este último sábado 14 de xuño pechaba a presentación de “Galiza” o último disco do acordeonista de Rekalde (Bilbao) Kepa Junquera adicado ás músicas e ritmos galegos. Acompañado de Xabier Díaz e cunha boa sorpresa final coas percusións de Marilú e Denís (13 anos).

Para a reedición do ciclo no 2015, contaremos tamén con moi boa música made in Galiza


 

This slideshow requires JavaScript.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario