Rememorando ao Aires da Terra

coroAiresTerra“Aires da Terra. O legado de Feijoo”, é un concerto que terá lugar o vindeiro sábado 13 de decembro, Suso Vaamonde, Xosé Loi Romero, Xosé Manuel Acha, e as voces de Xa Herrera, Xoán Porto, José Luis Garaboa, Paulo Chouza e César Tarela revivirán o primeiro coro galego: Aires da Terra. A só dous días do centenario da disolución do coro por parte do seu creador, Perfecto Feijoo, rememorarase algunhas melodías do coro interpretadas con instrumentos orixinais.

Presentará o acto Xurxo Souto, e contará coa presencia de algúns convidados de excepción José Luís Calle (autor do libro “Aires da Terra. La poesía musical en Galicia”),  de representantes directivos dos coros “fillos” directos de Aires da Terra: Toxos e Frores (Ferrol), Cántigas da Terra (A Coruña), Coral De Ruada (Ourense) e Cantigas e Agarimos (Santiago), entre outros persoeiros do mundo da música tradicional. A  entrada é de balde.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario