Renovar a escola Folque

EMPA_15_navallaEste martes 13 de outubro abre o prazo de matrícula para o novo curso con importantes novidades no plano de estudos e na oferta formativa. Desde o 2000 na vangarda da pedagoxía da música tradicional e popular contemporánea, aCentral Folque renova as perspectivas docentes mais unha vez cunha nova etapa que comeza en Compostela e o proxecto multidisciplinar e formativo no que se chamará a partir de agora a Escola de Música Popular e Avanzada (EMPA).

O día martes 20 de outubro, ás 21 horas, o Auditorio de Galicia vai acoller o concerto gratuíto de apertura do novo curso d´aCentral Folque, a Escola de Música Popular e Avanzada de Galicia, que este ano fai os seus primeiros quince anos de traxectoria co obxectivo de seguir a ser un referente no panorama da divulgación e o ensino da música contemporánea galega.

O curso comezará o  venres 30 de outubro.

O proceso de matrícula é online con importantes novidades no seu plano de estudos e atractivas ofertas e descontos para os estudantes cunha rebaixa de máis do 25% no prezo da matrícula con respecto ao curso pasado.

O plantexamento para esta nova etapa é de ofertar dous itinerarios complementarios:

Por vez primeira, nos quince anos de historia deste centro formativo multidisciplinar, os alumnos van poder seguir un novidoso itineario orientado á formación profesional sobre as músicas tradicionais para persoas con coñecementos musicais que toquen calquera instrumento e queiran afondar nas novas formas da música tradicional contemporánea.

Este novo itinerario formativo vai contar coa presenza de máis de vinte prestixiosos músicos e docentes especializados en áreas específicas da música como repertorio, arranxos, composición, fontes, etnomusicoloxía, e gravación, entre outras materias.

A esta nova oferta formativa tamén se lle engaden os cursos específicos e monográficos de músicas tradicionais, con aulas individuais ou colectivas de canto, gaita, violino, zanfona, harmónica, frautas e requinta, percusión, regueifa, linguaxe musical co método Kodály e harmonización.

Esta renovación do proxecto docente pon, mais unha vez, aCentral Folque na vangarda da pedagoxía musical en Galicia cun ensino especializado, individual e con arelas de contemporaneidade.

Esta nova etapa conta co decidido apoio do Concello de Santiago de Compostela e da Deputación Provincial da Coruña que comparten a especificidade e proxecto de país que esta nova Escola aporta ao conxunto da sociedade, gracias a isto, aCentral Folque rebaixa o prezo do ensino para a escola que xestiona, a renovada Escola de Música Popular e Avanzada

Se queres máis información, le na web

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario