Reserva billetes II Flor Nova Romanceiro Ibérico

Programa de Concertos. Outubro 2021

  • Venres 8. 18.30 horas. Concertos de Francisco do Romualdo + Miro Casabella. Igrexa de San Paio da Sabugueira
  • Sábado 9. 20 horas. Concerto Grupo 1500. Igrexa de Santo André da Barciela.
  • Venres 15. 20 horas. Concerto Diana Baroni & Rafael Guel. Igrexa de Santo André da Barciela.
  • Sábado 16. 19 horas. Concerto Alba María & Queco Díaz. Igrexa de Santa María de Villestro.

Localización das igrexas

  • Igrexa de San Paio da Sabugueira. Lavacolla, 7, 15820. Ligazón GMaps
  • Igrexa de Santo André da Barciela. Sigüeiro, 39, 15688. Ligazón GMaps
  • Igrexa de Santa María de Villestro. Lugar tras Igrexa, 40, 15897. Villestro. Ligazón GMaps

_

CONDICIÓNS

  • Os concertos son de balde
  • O prazo de inscrición abre o día 4 de outubro ás 10 horas da mañá. Non serán contabilizadas reservas feitas antes desa hora.
  • Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación; debes mirar no cartafol do “spam” por se non te chega á pasta principal do teu correo electrónico.
  • Máximo 4 entradas por reserva.
  • Será obrigatorio o uso de máscara en todo momento, hixienización de mans e distancia de seguridade.
  • Se logo de apuntáreste, non asistes, pregamos que nolo comuniques ao correo que recibas.
  • As portas de cada espazo abriránse ao público 30 minutos antes do concerto.
  • Perderás o dereito de reserva da entrada 15 minutos antes do concerto.
  • A reserva de billetes pecharase 12 horas antes de cada concerto.
  • Consultas sobre os billetes: reservas@folque.com
  • As actividades son de balde con aforamento limitado e controlado nas normas de distancia e hixiene aplicábeis no momento de celebración do concerto. Para saber das actualizacións do estado de cada concello, restriccións e protocolo aplicado, consulta na páxina oficial da Xunta sobre o coronavirus. A cabida dos espazos escénicos está limitada ao que recolle a Orde da Consellería de Sanidade do 3 de decembro do 2020 ou actualizacións posteriores a partir desta.

Formulario de reservas

Recibirás un correo persoal (non automático, non inmediato) coa confirmación; debes mirar na pasta do “spam” por se non te chega á pasta principal do teu correo electrónico.

Os dados enviados serán tratados confidencialmente segundo as normas da Lei Orgánica 3/2018 do 5 de decembro sobre a Protección de Dados Persoais e garantía dos dereitos dixitais.


Comments are closed