Residencia Musical en Barreiros

Convócase un novo Cursiño-Residencia de Iniciación á harmonía moderna e conxunto instrumental que terá lugar na Granxa-Escola de Barreiros nos días 28, 29, 30, 31 de xullo e 1 de agosto. Dirixido por Germán Díaz e Pedro Pascual, nun entorno excepcional para aprendermos os conceptos básicos para harmonizar músicas, construir un repertorio exclusivo, convivio con músic@s de todas as disciplinas, etc.

ESTÁ DIRIXIDO A toda persoa amante da música que teña uns coñecementos básicos de linguaxe musical. Calquera tipo de instrumento melódico ou polifónico será benvido, pero rógase unha solvencia mínima co instrumento.org

O curso comeza nun nivel cero e ao finalizar o asistente deberá ser capaz de abordar a composición, o arranxo e a improvisación desde un punto de vista maduro e solvente.

Para coñecer toda a información dos  horarios, contidos concretos, curriculum dos profesores e prezos, pode descargar o FOLLETO INFORMATIVO.

INSCRICIÓN E RESERVAS:

A reserva deberá realizarse a través dos teléfonos 982 533 656 / 698 129 000 ou por email ao info@granxadebarreiros.com.

Unha vez confirmada a reserva, descargue a FICHA DE INSCRICIÓN. Unha vez enchida, remitir por mail ou fax, achegando xustificante de pago bancario.

Data límite de inscrición: 24 xullo ás 13 horas.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario