O sábado 13 de novembro das 17 ás 19 horas terá lugar o curso monográfico de baile sobre a ribeirana en Lugarnovo (Mazaricos) en parceiría coa Asociación Cultural Abubela. O curso, incluído na programación do proxecto Muller Ferreña que está a desenvolver aCentral Folque, estará impartido por Sergio Cobos, mestre de aulas regulares na Escola de Música d’aCentral Folque en Compostela. Aprenderanse os movementos técnicos que caracterizan este baile, pasos base que forman os puntos, paseos e voltas. A orientación espacial dos bailadores é algo moi específico deste complexo baile. Debido á dificultade técnica aconsellamos que as persoas participantes teñan coñecementos previos de baile tradicional.
- Data: Sábado 13 de Novembro
- Hora: das 17 ás 19 horas
- Lugar: Asociación Cultural Abubela: Lugarnovo 4, Mazaricos
- Prazas limitadas
- Nivel: medio
Información e reserva:
- Teléfono 722 23 81 55
- Email: asociacionculturalabubela@gmail.com
—
Muller Ferreña é un proxecto editorial, artístico e educativo itinerante por distintas localidades, inicialmente da provincia da Coruña mais extensíbel a toda Galicia. Na presente fase o proxecto céntrase nas comarcas de Bergantiños e Compostela.
Muller Ferreña pon en valor o importante recurso patrimonial, social, artístico e económico e realacional que supoñen o canto e o baile de transmisión oral e o protagonismo das mulleres na materialización deste importante labor.
aCentral Folque editará dúas publicacións sobre o patrimonio oral artístico de localidades do occidente da provincia da Coruña. Estas publicacións, froito dun longo traballo de pesquisa, supoñen un contributo fundamental para o ensino, divulgación e desfrute do cancioneiro galego de transmisión oral.
Ademais o proxecto conta coa realización de actividades socio-comunitarias e a creación e divulgación dunha peza audiovisual artística.
O proxecto está financiado pola Deputación da Coruña dentro do programa do departamento de Cultura para Proxectos Singulares 2021.