Romaría dos Libros de Primavera

Durante todo o día das Letras Galegas, o vindeiro xoves 17 e maio de 2018, aCentral Folque estaremos cun posto coas nosas publicacións editoriais na praza de Mazarelos de Santiago partillando con outras editoras e tendas de libros da cidade un tempo de celebración e libros. Entre as 11 h e as 21 h diversas entidades da cidade terán posto para a venda de material bibliográfico e diversas actividades:

  • 13.30 h. Contacontos para crianzas
  • 14 h. Positivas e CultRural reparten plantas de Tomate Negro de Santiago
  • 17 h. Gincana Literaria
  • 17.30 h. “Ilustrando Mazarelos”. María Meijide e Mariano Casas convidan a ilustrar a praza
  • 18 h. Homenaxe a María Victoria Moreno na voz das súas alumnas. Coordina Andrea Jamardo (Urdo Ed.)
  • 19.30 h. Exposición e Peche de “Ilustrando Mazarelos”
  • 20 h. Concerto de Anxo Blas

Pra máis información e última hora, consulta a páxina de FB do grupo: https://www.facebook.com/compostelaliteraria/?fref=ts

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario