Romaría dos Libros de verán

InboxO colectivo Compostela Literaria conformado de libraría e editoras de Santiago organiza para os vindeiros  24 e 25 de xullo unha nova edición da Romaría dos Libros. Quince entidades do sector do libro de Compostela e comarca participarán na Romaría dos Libros de verán na Praza de Mazarelos.

Compostela Literaria organiza unha nova edición da Romaría dos Libros, cumprindo así un ano desde a primeira edición desta iniciativa. E para celebralo, os libros saen dous días á rúa. Ao longo deste ano de posta en marcha do proxecto Compostela Literaria organizáronse, sen contar esta, catro romarías: 25 de xullo de 2015 en Mazarelos, Romaría de Outono o 8 de novembro na Carreira do Conde, Romaría de Inverno o 20 de febreiro no Mercado de Abastos, e a Romaría da Primavera o 17 de maio en Mazarelos.

A Romaría vai ter lugar na Praza de Mazarelos, terá unha duración de dous días – 24 e 25 de xullo -, e nela participarán quince entidades que traballan o sector do libro na cidade e a súa comarca. Ademais a acción conta con unha programación na que se procura incluír todos os procesos e axentes implicados no mundo do libro, dende autor@s ata lector@s, pasando por editoras, librarías, clubs de lectura, obradoiros de escrita, bibliotecas, etc.

Ademais a acción conta con unha programación na que se procura incluír todos os procesos e axentes implicados no mundo do libro, dende autor@s ata lector@s, pasando por editoras, librarías, clubs de lectura, obradoiros de escrita, bibliotecas, etc.

Na segunda folla desta nota achegamos programación e horarios. Na nosa páxina de Facebook iremos actualizando a información de todas as actividades. O correo para aquelas que precisan inscrición é romariadoslibros@gmail.com

Domingo 24 (13 a 21:30h)

  • 13:30h Visita guiada pola autora con Vermú á exposición fotográfica Traxes da Galiza, de Paula Gómez del Valle, inspirada no libro co mesmo título editada por Cunca (2016). Aire, centro de arte, Calderería, 50.
  • 18h Café/caña con autoras: Séchu Sende. Máximo 5 persoas, previa inscrición.
  • 19h Trivial Literario dinamizado por Andrea Barreira. Premio dun lote de libros.
  • 20h Café/caña con autoras: Carlos Quiroga. Máximo 5 persoas, previa inscrición

Luns 25 (11 a 21h)

  • Todo o día: A Sega. Plataforma de Crítica literaria feminista: Preparando o III Día das Galegas nas Letras. “…. con Queizán”
  • 12h Poemas para levar con Helen Bertels
  • 14h Pase musical a cargo de Os Porcoteixos
  • 16h Café/caña con autoras: María Lado. Máximo 5 persoas, previa inscrición
  • 17h Intercambio de contos infantís. Coordina: Compostela Miúda.
  • 18h Café/caña con autoras: María Reimóndez. Máximo 5 persoas, previa inscrición
  • 18:45h Combate de debuxantes.
  • 19:30h Presentación Aleida, cidade sen alma, Víctor Boullón editado por Librería Kómic e Demo Editorial. Sinatura no posto de Kómic e Concerto de Os Porcoteixos.
  • 20:20h Presentación do libro Literatura galega e pornografía, de Xulio Pardo de Neira e editado por Edicións Positivas.

Ademais…

  • Barra literaria e terraza por conta do Café Bar O 13
  • Espazo crianzas

Entidades participantes:

  • aCentral Folque
  • Librería Aenea
  • Através Editora
  • Axóuxere
  • Libraría e editora Chan da Pólvora
  • Ciranda, á volta do Português
  • Librería Follas Novas
  • Librería Kómic
  • Ler Librerías
  • Libraría de Mulleres Lila de Lilith
  • Carlos Meixide & María Meijide
  • Café Bar O 13
  • Edicións Positivas
  • Librería Tirana
  • Urco Editora

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario