Este vindeiro sábado 25 de xullo, organízase en Santiago durante todo o día a Romaría dos Libros, un día de festa lúdico-literaria organizada por librarías e editoras de Compostela durante todo o día na praza de Mazarelos con actividades varias: presentacións de libros, concertos, postos variados de librarías e editoras, actuacións musicais para crianzas, para maiores e para todos os públicos, presentacións literarias, solta de libros,… CON ESPAZO CRIANZAS E ZONA DE XANTAR E BEBER.
aCentral Folque participará cun posto propio onde adquirir os últimos libros publicados e cunha performance/presentación da colección Chave Mestra con Ariel Ninas e con Xurxo Souto que leva tamén o seu “Océano para terrícolas: contos do Mar de Irlanda”.
Ademais estarán presentes estoutros colectivos da cidade:
- Libraría de Mulleres Lila de Lilith
- Ciranda, á volta do Portugués
- Urco &Contos Estraños
- Edicións Positivas
- Libraría Komic
- Irmás Cartoné
- A Gata Tola
- Edicións Positivas
- Aenea
- Apiario
- Através EditoraAxóuxere