Romaría dos Libros o día de Santiago

RomariaLibrosEste vindeiro sábado 25 de xullo, organízase en Santiago durante todo o día a Romaría dos Libros, un día de festa lúdico-literaria organizada por librarías e editoras de Compostela durante todo o día na praza de Mazarelos con actividades varias: presentacións de libros, concertos, postos variados de librarías e editoras, actuacións musicais para crianzas, para maiores e para todos os públicos, presentacións literarias, solta de libros,… CON ESPAZO CRIANZAS E ZONA DE XANTAR E BEBER.

aCentral Folque participará cun posto propio onde adquirir os últimos libros publicados e cunha performance/presentación da colección Chave Mestra con Ariel Ninas e con Xurxo Souto que leva tamén o seu “Océano para terrícolas: contos do Mar de Irlanda”.

Ademais estarán presentes estoutros colectivos da cidade:

  • Libraría de Mulleres Lila de Lilith
  • Ciranda, á volta do Portugués
  • Urco &Contos Estraños
  • Edicións Positivas
  • Libraría Komic
  • Irmás Cartoné
  • A Gata Tola
  • Edicións Positivas
  • Aenea
  • Apiario
  • Através EditoraAxóuxere

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario