Senhora Asem no Memorial Moxenas

Dentro do Memorial Moxenas, a música tradicinoal re-vista, que o Centro Veciñal e Cultural de Valadares (Vigo) organiza ao longo do mes de marzo, Senhora Asem actuará este domingo 12 de marzo ás 19 horas no auditorio do CVCV. O concerto estará precedido dun recital a solo do zanfonista do grupo, Ariel Ninas, cun programa especial “E cantos de cego também“. Compilación de cancións, melodías e arranxos para sanfona a solo nun repaso ecléctico con cantos de cego como leit motiv que entrelazará outras músicas de diversa procedencia e estilo.

A seguir será a turma de Senhora Asem e o programa “MBB: Músicas de bordón e baile“. O mesmo Ariel Ninas á sanfona e Ramom Almuinha á gaita, discípulo do propio Moxenas, aos que se sumará neste concerto o contrabaixista cubano José Manuel Díaz.

A entrada é de balde até completar aforo.

Nos domingos de marzo ten lugar este ciclo de concertos ao redor da música tradicional onde xa tocaron OS FOLIEIROS, VOLTA E DALLE e tocarán a finais de mes AIRIÑOS DA PENEDA, DONICELAS, PELEPAU e XOAN EIRIZ.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe

Bookmark the permalink.

Deixa un comentario