O filme documental “Sons do Mercado” producido por aCentral Folque e dirixido por Marcos Nine con músic aorixinal de Alejandro Vargas vai ser exhibido en Arxentina dentro do “Ciclo de Cine documental gallego” que estrea un título cada mes no salón Valle Inclán do Centro Galicia de Buenos Aires e que levará ás súas pantallas cinco películas. O 10 de novembro proxectarase “Sons do Mercado”, docomentario feito sobre a feira semanal no bairro compostelá de Salgueiriños de Arriba, por encarga do Concello de Santiago no 2016.
No marco desta actividade, que coordina o documentalista, Jorge Gil Morabes e organizan conxuntamente a Cátedra Galicia-América e o Centro Galicia de Buenos Aires, proxectaranse cinco traballos inéditos no país.
Se queres máis información sobre esta nova, pica aquí:
http://www.cronicasdelaemigracion.com/articulo/galicia/arranco-‘ciclo-cine-documental-gallego’-organizado-catedra-galicia-america-centro-galicia-buenos-aires/20170825111526081708.html