Os Danzantes dos Reis

Os Danzantes dos Reis | Los danzantes de Reyes | The three King’s dancers

Eutropio Rodríguez, Alba Cid

A parroquia de Riofrío, en Mondariz, conserva un complexo espectáculo de “danzas brancas” na mañá do 6 de xaneiro, que comeza tras as coplas de Reis dentro da propia igrexa de San Miguel, e continúa en órbita polo adro, arredor do templo. Non sempre foi así, ben se lembra o percorrido dos danzantes polos vales.

Este volume é un álbum de fotografías sobre os danzantes de Reis: os que danzan e as que danzaron, quen terma dos preparativos, mais tamén os gaiteiros, os retratos de man en man, os movementos e os lugares. As partituras e a transcrición das coplas acompañan as fotografías, así como un texto que explora canto alí acontece  -desde as sensacións aos atributos e a vestimenta-, trenzando voces e dando conta das transformacións profundas que as danzas experimentaron.

Detalles da publicación

  • Libro
  • Colección: Cámara Escura. Ref: CE02
  • Páxinas: 144
  • Fotografias orixinais: 70
  • Idiomas: galego, español, inglés
  • Inclúe partituras
  • ISBN 978-84-949511-1-4
  • PVP: 20€

Compra online

Comments are closed