Gaiteiro Poso

“Manuel López López. O gaiteiro de Poso”

Autores:

  • Carlos Rey
  • Iván Costa
  • Sergio Cobos

Tapa dura
118 páxinas
CD con 29 trillas

Manuel López López “O gaiteiro Poso” (1907-2000) natural de Navia de Suarna está considerado como un dos máis virtuosos gaiteiros do século XX e como o máximo representante do particular estilo das montañas orientais de Galicia.

O seu vasto repertorio e depurada técnica ofrécennos unha extraordinaria mostra dos xéneros e expresividade máis xenuinos da comarca, melodías que acompañan ao canto, repertorio para o baile, improvisación,…

Ás diversas gravación domésticas realizadas por Poso desde os anos sesenta súmase unha insólita gravación profesional realizada en Madrid a finais dos anos setenta editada nun rarísimo disco non venal que recuperamos en exclusiva para a presente edición.

Carlos Rey adica un texto para entender a vida e a cultura nos Ancares e o contexto no que Poso realizou a súa vida profesional coma carteiro e gaiteiro. Iván Costa analiza nun texto divulgativo para todos os públicos o estilo e caraterísticas do toque de Poso, así como unha transcrición de melodías e improvisacións do gaiteiro. Sergio Cobos lega as gravacións que lle fixo a Poso nos últimos anos da súa vida e dá unha trasncricións das bailes da montaña ancaresa cos bailegramas par avariso puntos de xota e de muiñeira.

Mercar

Comments are closed