Bailegramas

Bailegramas

Autor: Serxio Cobos

Bailegramas é a primeira proposta dun sistema de notación especifico para o baile tradicional galego. Esta publicación é fundamental do punto de vista da memoria, o coñecemento e a difusión social deste patrimonio coreográfico que por ser conservado no ámbito rural atende á defensa da diversidade e a estima colectiva.

Bailegramas é valido para documentar e analizar por escrito un baile tradicional galego vivido, presenciado ou desde un rexistro audiovisual. O sistema permite analizar os movementos e o significado de cada paso, ver como se integran na coreografía e avanzar na compresión das implicacións sociais do baile para a comunidade.

Este título foi publicado baixo o programa “É Baile” promovido desde a Deputación Provincial da Coruña.

Detalles da publicación

  • Libro
  • Colección SEIVA. Ref: SV01
  • Páxinas: 72
  • Inclúe bailes transcritos de Grixoa (Santiago de Compostela) ISBN 978-84-949511-0-7
  • PVP: 15€

Breve biografía do autor

Serxio Cobos é un bailarín especializado en música e danza tradicional Galega a través da formación na escola de folclore “Cantigas e Agarimos” e en traballo de campo e recollidas etnocoreográficas etnomusicolóxicas desde o ano 1989. Adícase a danza tradicional en todas as súas vertentes como creador e intérprete sendo coreógrafo, bailarín, músico e director musical. É ilustrador de diferentes traballos e investiga para a creación de unha nomenclatura e simboloxía ad hoc ao baile tradicional galego chamado “cara ós Bailegramas”. En Portugal está traballando como intérprete na compañia de danza contemporánea CLARA ANDERMATT. Musicalmente dirixe o grupo portugués AQUÍ HÁ BAILE .


Vídeo Folla de baile:

Comments are closed