O infinito no pé. Ribeirana

O infinito no pé. Ribeirana

Autoras: Eva Moreda e Serxio Cobos

Unha obra a medio camiño entre a narración e o ensaio. Eva Moreda interrogase neste “escrito sobre o pasado” sobre as dificuldades que se nos ofrece para capturar o sentido e sensibilidades das artes transmitidas de forma oral, como neste caso o baile da ribeirana. Non se trata só de describir ou documentar o coñecemento que se ten sobre este baile en particular, tamén indagar na memoria simbólica do movemento e do xestual, dos seus usos rituais, sociais e lúdicos, a súa transmisión no ámbito doméstico e feminino na sociedade tradicional.

O libro recolle as transcricións do baile en bailegramas con deseños orixinais e inéditos do bailador e artista plástico Serxio Cobos.

Este título foi publicado baixo o programa “Muller Ferreña” de aCentral Folque promovido desde a Deputación Provincial da Coruña.

  • Libro
  • Colección SEIVA. Ref: SV03
  • Páxinas: 80
  • Inclúe bailegramas transcritos
  • ISBN 978-84-122867-3-1
  • PVP: 20€

COMPRA online:

  • Mercar na loxa de Inquedanzas Sonoras: pica aquí
  • Mercar na loxa do Consorcio Editorial: pica aquí

Comments are closed