Tobie Miller en Galicia

Tobie Miller, a intéprete para zanfona histórica máis recoñecida do mundo, está esta semana en Galicia gracias a aCentral Folque, que promove a súa visita en varias actividades ao redor deste instrumento. Monforte, Santiago e Rianxo serán os lugraes onde o público poida gozar da súa música. Esta é a axenda dela para os vindeiros días:

Tobie_tenor_smTOBIE MILLER
A zanfonista canadense, flautista e cantante, Tobie Miller, medrou nun contexto familiar de músicos clásicos. Após da formación en Música Antiga (B.Mus) na McGill University (Montreal), transladouse a Basilea (Suíza) para continuar estudos de posgrao de música Medieval do  Renacemento no prestixioso Schola Cantorum Basiliensis en Basilea.

Tobie continúa a actuar en múltiples proxectos con ensembles en ambos os dous continentes que inclúen o Ensemble Baroque de Limoges (rexistros de Haydn e Mozart á lyra organizatta para o selo Laborie), Les Musiciens de St.Julien (rexistro para o selo Alfa), Per Sonat (rexistro para Christophorus), e os seus propios
ensembles, La Rota, Ysis, Ballam, Vox Suavis ou o duo Miller-Romain e traballa regularmente cos ensembles Gilles Binchois (Dominique Vellard), La Morra (Mixaj Gondko), Leones (Marc Lewon) e Les Jardins de Courtoisie (Anne Quentin).

Tobie é unha intérprete única, por ser unha das poucas mulleres en tocar ao primeiro nivel a zanfona e por ser unha das poucas especialistas en repertorio clásico para a zanfona (de grande produción compositiva no século XVIII). Virtuosa a nivel técnico e coñecedora da linguaxe da música antiga e todo o repertorio para zanfona barroca.  Actúa en varias formacións ao respecto, incluíndo o duo co zanfonista austríaco, Matthias Loibner, así como con directores ben coñecidos como Jordi Savall, Christophe Coin e Wieland Kuijken. Mentres mantendo un ocupado calendario actuando como concertista, tamén ensina regularmente talleres e en festivais coma o CAMMAC (desde 2003), o Over the water Festival en Seattle (desde 2005), Les Journées de La Flûte à Bec  (2006), e no Schola Cantorum Basiliensis (2008).


No 2010, aCentral Folque xa convidara a esta artista a impartir un curso de zanfona. Rescatamos aquí un vídeo daquela sesión:

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario