Todos os detalles do XVI Zona da Zanfona

  • Lugar: Rianxo
  • Data: 3, 4 e 5 xullo 2020

Zona da Zanfona é un festival arredor deste instrumento que celebra máis unha vez o seu encontro anual na ría de Arousa. Un evento único na Península Ibérica organizado por aCentral Folque e promovido desde o Concello de Rianxo que cumple dezaseis anos neste 2020. Acontece na primeira fin de semana do mes de xullo e esta edición terá unha programación especial para cumplir cos protocolos de sanidade, hixiene e distanciamento físico que a situación require mais que non desatenderá ás actividades fundamentais que sempre ofrece ao público local e ao público especializado de outros lugares. Músicos especialistas e público en xeral que buscan o solaz na escoita deste fabuloso instrumento. aCentral Folque leva vinte anos divulgando os seus sons e este encontro é a data sinalada no calendario anual. O ZdZ ofrece na vila mariñeira e literaria de Rianxo unha desculpa para vir e desfrutar de concertos, cursos e convivio arredor da zanfona.

A programación deste ano pivota sobre tres eixos: concertos de balde, cursos de aprendizaxe e actividades online (en inglés para audiencias non presenciais).

Os concertos atenden a un criterio de especialización (o virtuoso Efrén López e as músicas mediterráneas), popular (o repertorio tradicional galego do dúo Sobre Rodas e a dramaturxia de Os Monifates) e as novas expresións recreadas (trío É Romance sobre o romanceiro tradicional ibérico). Esta edición non contará co “Palco Aberto”, unha mostra das escolas de zanfona do país que o domingo amosaban diferentes músicas o que aprenden ao longo do curso. Os concertos son de entrada libre e este ano deben ser con reserva do billete previa ao concerto que ademais terá o aforo limitado e distancia física entre público dictaminada polos protocolos de seguridade sanitaria.

Os cursos de interpretación serán igualmente con prazas limitadas. Serán o de iniciación con Óscar Fernández (para o que non se precisa instrumento propio pois empresta a organización) e de especialización con Efrén López.

Este ano ademais hai unha novidade apaixoante neste ámbito. Será o curso de construción dunha zanfona conducido polo artesán Suso Gestal. Seguindo os planos disponibilizados en aberto por Jaap e Fay Brand do seu modelo denominado Nerdy Gurdy, a equipa do ZdZ coa axuda inestimábel de Suso Gestal, desenvolveu un instrumento básico para ser montado nos dous días que dura o curso para asegurar que cada participante leva a casa unha zanfona funcional canda a aprendizaxe do xeito de facela.

Outra novidade deste ano será o programa da ZdZ dixital: actividades de divulgación especializada para unha audiencia internacional emitidas por Internet. Será unha aula maxistral con Steve Tyler, zanfonista inglés de longa traxectoria artística e unha palestra sobre cordas históricas e modernas coa canadense Tobie Miller, intérprete especializada en repertorio barroco para zanfona.

O ZdZ continua tamén coa divulgación de repertorio zanfoneiro coa terceira entrega do Cancioneiro #ZdZ, publicación de acceso gratuíto e descarga libre que pretende ser unha escolma de cancións coas aportacións dos docentes de escolas de zanfona de Galicia para ter un repertorio común de cancións populares e simples para todos os niveis. Podes descargar os dous primeiros destes cancioneiros aquí.

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

ZONA DA ZANFONA. RIANXO 2020. Programa

Concertos ZdZ

Venres 3 xullo. Auditorio de Rianxo. 22.30h

  • Efrén López. Solo.
  • Sobre Rodas: Luís ‘Caruncho’ e Carlos do Viso

©Jean Christophe Ken

Sábado 4 xullo. Auditorio de Rianxo. 22.30h

  • Os Monifates: Alberto Millán e José Nebra
  • é Romance: Alba María, Queco Díaz e Uxía Muíño

Os concertos serán de balde previa inscrición por correo electrónico.

Cursos ZdZ

  • Zanfona Iniciación con Óscar Fernández. Venres 3 xullo. 16-20h (emprestamos instrumento!)
  • Zanfona Avanzado con Efrén López. Sábado 4 xullo. 10-19h
  • Zanfona Construcción con Suso Gestal. Venres 3 e sábado 4 de xullo. 10-20h

© aCentral Folque

Lugar: Auditorio de Rianxo

ZdZ dixital

Domingo 5 xullo

  • Master class con Steve Tyler. 18-21h (UTC+2). Curso online (en inglés).
  • Palestra con Tobie Miller.”Cordas para zanfona: das históricas ás modernas” 16-17h (UTC+2). Conferencia online (en inglés).

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Info para os cursos:

Inscrición e información xeral:

  • Correo electrónico: matricula@folque.com
  • Enviar e-mail cos seguintes datos: Nome e apelidos / correo electrónico / número de teléfono
  • Datas de inscrición: do 15 ao 30 de xuño
  • Prezos: iniciación: 15€ (non é preciso instrumento);  avanzado: 35€ (ouvintes 25 €); construción 600€ (levas un instrumento feito)
  • ZdZ dixital: (consultar consideracións especificamente para a master class e a palestra)

Todos os cursos teñen prazas limitadas. Debes escribir un mail para anotarte. Recibirás a confirmación para a túa praza e os datos de pagamento. Disponibilidade segundo a orde de recepción do correo e pagamento da matrícula.

Información extendida:

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Info para os concertos:

Inscrición e información xeral:

  • O aforo será limitado e as medidas sanitarias e de distancia física para persoas segundo as normas estabelecidas
  • Debes enviar un correo electrónico coa seguinte información: nome, enderezo electróncio, teléfono de contacto e número de persoas e se son de convivencia habitual
  • A reserva das entradas é para persoas individuais ou grupo de convivintes (máximo 5 persoas)
  • Enderezo electrónico: auditorio@concelloderianxo.gal
  • Teléfono alternativo: +34 664 183 217

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Info para o ZdZ Dixital:

[GAL]Inscrición e información xeral:

  • Actividades desenvolvidas en inglés
  • Enderezo para anotarse: info@folque.com
  • Plataforma informática: zoom. Debes ter esta aplicación instalada no teu dispositivo. Recibirás un convite para a sesión
  • Prezo curso con Steve Tyler: 15 €. 3 horas total
  • Prezo palestra con Tobie Miller: gratis. 1 hora total
  • Data límite para anotarse: 1 de xullo

[ENG] Registration:

  • Language: English
  • Email registration: info@folque.com
  • Subject of the email: “Tobie Miller lecture” and “Steve Tyler master class”. You have to write two emails if you want to attend both events
  • Software required: zoom. Once registered, you will receive an invitation for the meeting on your email a few days before the event
  • Fee master class with Steve Tyler: 15€
  • Fee lecture with Tobie Miller: free
  • Dead line for registration: 01/07/2020

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

Programación ZdZ en detalle:

Data/hora Evento
03/07/2020
10:00
Curso ZdZ'20: construción
Auditorio de Rianxo, Rianxo
03/07/2020
16:00
Curso ZdZ'20: iniciación
Auditorio de Rianxo, Rianxo
03/07/2020
22:30
Concerto ZdZ'20: venres
Auditorio de Rianxo, Rianxo
04/07/2020
10:00
Curso ZdZ'20: avanzado
Auditorio de Rianxo, Rianxo
04/07/2020
22:30
Concerto ZdZ'20: sábado
Auditorio de Rianxo, Rianxo
05/07/2020
16:00
ZdZ: lecture online
05/07/2020
18:00
ZdZ'20: master class online

 

 

Actividade promovida por:

 

 

 

Deputación Provincial da Coruña

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

2 Comments

  1. Pingback: Do 3 ao 5 de xullo temos unha nova cita coa zanfona en Rianxo – O Barbanza

  2. Pingback: A zanfona volve escoitarse esta finde en Rianxo da man de aCentral Folque e o Concello – O Barbanza

Deixa un comentario