TradFest Compostela 2022

O vindeiro domingo 31 xullo dentro das Festas do Apóstolo en Santiago, celebrarase máis un ano o TradFest Compostela, unha celebración da música popular actual con máis de 20 concertos, feira de artesanía, ruadas e actividades no parque e igrexa de san Domingos de Bonaval que completan os concertos na zona vella para pór o peche das festas na cidade.

Esta é unha festa da música popular con artistas galegos e internacionais amosando diversas estéticas arredor dos cantos, os bailes, a tradición, a contemporaneidade… en varios palcos no Parque e na igrexa de Bonaval finalizando a xornada na Praza da Quintana. Elenco: Symbio, Trilitrate, Tres Pesos, Chulada da Ponte-Velha, Seiva, Fréderic Bougouin, Maria Mazzotta, Comando Curuxás, Sheila Patricia, Mercedes Prieto e Sergio Cobos, Acivreira, Os Estalotes e Xisco Feixoo. Artistas de Galiza, Portugal, Italia, Bretaña e Suecia para todo un día de programación desde as 11 horas até as 22.30h.

Este ano non haberá reserva de entradas e o acceso será libre e de balde até completar a capacidade dos espazos.

Ademais teremos unha feira de artesanía ao longo do día na entrada do parque, na esplanada entre os museos.

PROGRAMA TradFest Compostela 2022:

Mañán

  • 11:00 RUADA desde San Pedro con Os Estalotes
  • 11:30 MERCEDES PRIETO e SERXIO COBOS no Escenario Bailes (Xirola). Obradoiro de bailes de roda para familias.
  • 12:30 SYMBIO no Escenario Músicas (Arcos).
  • 13:00 TRILITRATE no Escenario Cordas e Sopros (Igrexa de San Domingos de Bonaval)
  •  12:30 RUADA desde o Obradoiro con Acivreira
  • 13:30 TRES PESOS no Escenario Cantos (Porta da Música)

Tarde

  • 16:00 MERCEDES PRIETO e SERXIO COBOS no Escenario Bailes (Xirola). Obradoiro de bailes de Europa para familias.
  • 16:30 CHULADA DA PONTE-VELHA no Escenario Cantos (Porta da Música)
  • 17:00 RUADA desde a Zona Nova con Acivreira
  • 17:30 SEIVA no Escenario Músicas (Arcos)
  • 18:30 FRÉDERIC BOUGOUIN no Escenario Cordas e Sopros (Igrexa de San Domingos de Bonaval)
  • 18:30 RUADA desde Bonaval con Os Estalotes
  • 18:30 MARIA MAZZOTTA no Escenario Cantos (Porta da Música)
  • 19:30 COMANDO CURUXÁS no Escenario Músicas (Arcos)
  • 20:30 SHEILA PATRICIA no Escenario Cantos (Porta da Música)
  • 21:00 XISCO FEIJÓO na Praza da Quintana

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario