Rematando este primeiro curso do itinerario de Aula Maxistral dentro da oferta da Escola de Música Popular e Avanzada contaremos co ensino dunha mestra especial, Ugia Pedreira, fundadora do proxecto Folque no que se sustenta esta Escola. Ofrecerá apenas unha master class baixo o título “Psicoloxía da voz ou desde donde cantamos”. Serán dúas horas exclusivas para o selecto grupo de alunado da EMPA esta semana no Auditorio de Galicia.
“Psicoloxía da voz ou desde donde cantamos”
Nestas aulas reflexionara-se o para qué, porqué e desde donde cantamos. Partindo de que falar e cantar é o mesmo seguiremos unha serie de dinámicas do proceso comunicativo para verse como individuos que transmiten e se relacionan a través da voz cantada. Cal é a información que queremos expremer cantando e como esta pode chegar o menos contaminada posibel, o mais sinceira e original posibel a un outro-a. Teremos en conta as referencias educaionais e culturais que nos impregnan, os mass-media, o qué nos influe na conformación dos gostos. Somos vibración e con ela alento, pensamento, palabra, acción, estas serán liñas fundamentais na teoria-practica da sesión de venres e sábado deste curso.
Ugia Pedreira.
Psicóloga de licenciatura, mestra de canto desde o seu proprio método coñecedor da historia musical do pais e da conciencia corporal a nivel individual e escénica. Foi a vida que a levou a editar 8 discos e a crear o Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque ( anteriormente o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín) e converterse muito nova nunha xoven empresaria e dinamizadora que coñece o poder de coesión e comunidade que aporta a música, aprendeu no palco, a producción, a edición, a investigación musical de base social. Recebeu aulas de canto con Ramón Bermejo, de pandeireta con Felisa Segade, achegou-se á danza contemporanea da mao de Mercé de Rande, e achegou-se ao teatro con Cristina Dominguez e Alfredo Rodriguez. Desde aCentral e o Conservatorio deseñou proxectos curriculares de centro e aula novos para a música feita en Galiza, escritos pedagóxicos e filosóficos en relación co ensino para crianzas e adultos.
Poeta de cancións que narran a sua vida, pensadora e comunicadora irreverente, constructora de espazos escénicos desde movementos calados e pequenos Ugia cambiou visións e percepcións no panorama musical galego conceptualmente desde a minoria activa. Navegante das vangardas pola sua capacidade de risco e de vision exprime coa voz un mar de emocións vividas. Como profesora de canto ama o ensino desde o ponto de vista da expresión, da interpretación e da saude que dá o cantar. Comezou a sua carreira musical grabando tres discos con Chouteira antes de mergullarse completamente na dirección do Conservatorio de Música Tradicional de Lalín e logo en aCentral en Compostela. Con estes dous proxectos traballou fondamente en situar a música galega como ofício a muitos niveis, desde procesos políticos, até a construcción de novos discursos e abertura de posibilidades laborais para a nova canteira de músicos do pais. O desaparecido festival de Músicas Portuarias de Ferrol ou a sua adicación á recuperación dos cantos de taberna foron pezas claves no seu proceder: o mar , as músicas dos portos forom um faro de andaina. Escribeu un libro chamado Noente Paradise de poemas e canzons, donde a letra das músicas está ao mesmo nivel que a poesia non musicada. Partillou vida teatral xunto a directora Cristina Dominguez quen lle deu a oportunidade de fazer espazos sonoros para 5 obras de teatro e con quen di Pedreira que aprendeu as miradas prismáticas da escena. Ten colaborado com o jazzista americano David Murray sustituindo a Omara Portuondo, com Drexler, Eliseo Parra, Banda Bassoti, Kaki Arkarazo, Carlos Blanco no musical Dillei e musicos de folque e rock galego en longo recorrido e mil peripecias. Ao lado da sua tocalha Uxía en Son Delas, Cantos na Maré ou argalladas privadas das duas cantoras como cantos de taberna ou concertos privados na Comboa (Casa compartillada polas duas artistas), con Oscar Fdez paseou con Cempés e fixo con él concertos de voz -zanfona con un repertorio único de romances, cancións próprias ou musicalización dun poema de Valle Inclán. Con Marcos Teira musicou os seis poemas galegos de Lorca ainda nunca editados e grabados por eles dous, con Marcos Paino ten construido cancións para Galegoz e a Matraca Perversa, pois ten cantado con Xenreira, Nenos da Revolta naquela época emergente de grupos rock dos 90, foi na mesma época que Reixa fixo o espectáculo Galiza Baby e Ugia com parte da banda fixo coros a Fermin Muguruza, Amparo de Amparanoia ou Karen Matheson. Traballou durante 5 anos na Radio Galega onde fundou o programa Tres Peixes Voando por proposta de Xurxo Souto que a convenceu e nas mañás expandia tamén a sua Folha de Ruta con crónicas de atualidade musical mais agochada. O seu último proxecto ao que se deu por enteiro é o grupo que leva o nome do seu avó emigrado a Cuba: Marful. Un grupo de culto dentro da musica de fusión europeia que ten recibido exóticos premios e eloxios surreais, ou que ten soado en Radio France, Austria, Alemaña..primeiro grupo galego en aparecer no Womex con delegación galega e único grupo galego que foi programado na catedral da música A Casa da Música de Porto.Marful foi o grupo co que ela se sinteu en máxima conxunción.
Da sua paixón pola cultura indiana tambem nasceu Nordestinas con Guadi Galego e Abe Rábade, un disco multipremiado de interesantes vendas ou mesmo a Descarga ao Vivo, proxecto de integración da música galega e cubana que se converteu en libro, disco e espectáculo. Como curiosidade grabou un disco vinilo de música electrónica e música tradicional con Nacho Muñoz que tivo inumerabeis descargas durante un ano en China. Ugia é nacida entre o monte sagrado de Cornería e o Castro de Vilaronte, lugar da Mariña donde o amor pola arquitectura, o deseño, o coñecimento dos salons de baile e a historia de emigración mariñana a Cuba marcou fortemente a sua inspiración. Editou tamén un disco co brasileirro Fred Martins de cancións galegas e brasileiras compostas polos dous e presentado en S.Paulo e en muitas cidades europeas.
Actualmente comparte proxecto de recital poetico-musical coa sua parceira Marina Oural Villapol, con actuacións particulares fora e dentro da Galiza. Com ela abre a Oficina Galega doutros Asuntos do Movimento para traballar sobre arte e saude tamén desde a diversidade funcional e artística. A experiencia de tres anos coa filla de Ugia, Lua Awel com microcefalia e paralisis cerebral coloca á madriña Marina e a mai Ugia noutra textura de produccións e visións arredor da arte como saude do individuo e retira por un tempo a Ugia da escena convencional. Deseñaron a programación de a MariñaMov en Ribadeo anuando Feldendrais (ABM), improvisación, diversidade artistica e funcional.
En outubro do 2015 xunto ao seu compañeiro Pierrot Rougier inicia O Coro da Mariña con 40 pesoas da comarca adicado fundamentalmente a cantos do mar do mundo e en febreiro do 2016 comeza a dar as suas primeiras aulas de improvisación arredor da pandeireta na antiga escola indiana de Rinlo donde tambén ensaia o coro.
Este vrao a Oficina Galega de Outros asuntos do Movemento realizará un curso de vrao no Pazo de Tovar en Lourenzá adicado á voz e movemento como experimentación integral, holística e transversal.