Ugia Pedreira no Curso Maxistral

Esta semana o alunado do Curso Maxistral asistirá a unha aula especial con Ugia Pedreira, fundadora do proxecto Folque e directora sue desde o ano 2000 até o 2013. Este sábado 18 no Auditorio de Galicia terá lugar esta sesión práctica de Canto e pandeireta a través da improvisación e creación.

Na mesma tratarase do descobrimento de novos sons na pandeireta galega aproveitando os toques tradicionais a favor do arranxo colectivo dunha obra. Improvisación vocal e coral para transformación de pezas tradicionais; composición de novas melodias e letras tendo como base o folclore expandido na Galiza.

Ugia Pedreira actualmente dirixe co bretón Pierrot Rougier o Coro da Marinha con cuarenta voces amadoras arredor de calquera canción adicada ao mar e con novos arranxos feitos ex-processo. Da aulas de canto e pandeireta a traves da nova composición e improvisación na Escola Velha de Rinlo onde se sitúa a sua atividade musical habitual. Segue a investigar a musica como fonte de movemento e comunicación grazas á súa filla Lúa Awel com paralisia cerebral. Ugia está asociada coa poeta Marina Oural na Oficina Galega doutros asuntos do Movemento para traballar a confluencia diversidade artista e funcional desde varios ámbitos.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario