Último Baile Assalto

Graphic13Este 12 de xuño acábanse os Baile Assalto. Todos os segundos venres de mes organizamos na Gentalha do Pichel en Compostela unha noite de bailes do mundocon música ao vivo. Para pechar a tempada, estarán Os Cempés co seu espectáculo Baile 100%. A pàrtir das 21.30 cun obradoiro express sobre o “Grand Square” e a seguir baile até a madrugada.

Nova cita para o mellor baile galego e europeo. aCentral Folque a través da Escola Livre da MPG organiza o último baile do curso na Gentalha do Pichel. Desta volta cun Baile 100%, unha sesión guiada por Os Cempés coas danzas de moda: muiñeiras, xotas, pasodobles, chotis, mazurkas, an-dro, chapeloisse, OXO reel,…

O BA comeza ás 21.30 h puntuais cun pequeno obradoiro sobre o GRand Square, e outras danzas que se van tocar pola noite.

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, leva anos interesada na interacción música e baile. Desde os seus comezos como Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín o noso centro integrou aos mellores bailadores do país en palestras e cursos monográficos para que os músicos sentisen a interacción entre o seu instrumento e os seus corpos a danzar. Esta serie de bailes están vencelladas á Escola Livre da MPG e serán os seus mestres os encargados de amenizar e pór música á danza. Cada sesión estarán dirixida un comisario de baile que impartirá un pbradoiro previo adicado ás danzas especiais de cada mes e guiará o Baile Assalto nas danzas propostas polo cadro musical.

O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da ELMPG ou soci@ da Gentalha)

O Baile Assalto toman o nome dos bailes que se organizaban na zona de Noia e noutros lugares de Galicia na primeira metade do século XX que foron medrando en concurrencia especialmente durante o chuvioso inverno.

A proposta integradora, respetuosa, aberta e festiva dá para partillar co outro/a na proximidade dos cor- pos, algo necesario non só por divertimento mais tamén por saúde. Nas sociedades nas que vivimos a deshumanización e a vertixe do reloxo prívanos por veces destes praceres tan primarios coma ne- cesarios. Esta é pois unha proposta para nenos e adultos, novos e vellos, bailadores experimentados e aprendices. Alegría en movemento!

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario