V Foliada da Fonsagrada

O 6 e 7 de decembro de 2019 organízase, máis un ano a Foliada da Fonsagrada con concertos, obradoiros, convivio e máis… Xa chega ao lustro desta festa, que cada ano, é unha data fixa no calendario para máis xente. Unha foliada que busca ser un encontro mais que musical, cultural, homenaxeando cada ano a unha persoa que nos deixou na comarca parte do seu patrimonio inmaterial. Este ano a persoa homenaxeada é Sergio, o gaiteiro da Veiga de Logares.

Persoeiros anteriormente homenaxeados:
Gaiteiros da Comarca: Nela, Modesto, Desiderio, Emilio, Manuel do Juano, Cesar de leituego, Otilio da Burela (2015)
Emilio do Pando (2017)
Horacio de Xestoso (2018)
Sergio da Veiga (2019)

As prazas de inscrición para os cursos son limitadas, asi que non esperedes moito para apuntarvos. Aquí están os números de contacto no que o podedes facer: 636738371; 603568775; 663830663.

A gaita da Fonsagrada con Pepe Vaamonde

Trompa con Daniel do Pando

Percusión con Miguel Anxo López “Chino”

aCentral Folque colabora con esta Foliada cun posto de venda de libros e discos da nosa editorial nos días de celebración do evento na que se mercades, estaredes, colaborando co festival.

 

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario