Vídeo con Anxo Pintos no XII ZdZ

anxopintosmasterclassSubimos un novo vídeo á FolqueTV que gravamos no último Encontro Zona da Zanfona de Rianxo o pasado 30 de xullo de 2016 durante o curso que impartiu o mestre Anxo Pintos. Un resumo dalgúns dos contidos da master class que puidemos desfrutar con el durante o XII Encontro Internacional con recursos propios do instrumento como ornamentación, dedillado, modos e escalas para zanfona…

Anxo Pintos é un dos máis destacados zanfonistas galegos da actualidade. Creador dun estilo propio e pioneira para este instrumento que adaptou a linguaxe e articulación da gaita para zanfona. Mestre de moitas persoas desde a súa aula da Etrad en Vigo e inspirador para unha xeración enteira de músicos que seguimos o seu maxisterio.

O vídeo pode verse aquí:

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario