Xa están os vídeos divulgativos sobre o Romanceiro, parte da programación non presencial do programa da Flor Nova do Romanceiro Ibérico no que aCentral Folque colaborou con Sirgo Torcendo co apoio da Concellería de Acción Cultural do Concello de Santiago para facer unha serie de pilulas audiovisuais sobre esta forma de literatura de máis de 500 anos de historia.
Lista de reprodución completa dos vídeos aquí:
- Reto Romanceiro con Alba María: Con este #RetoRomanceiro Alba María ensínache a crear o teu propio Romance en tres sinxelos pasos, para manter o xénero vivo e espallar cultura na nosa lingua.
- Os romanceiros e Santiago con José Luís Forneiro: O profesor José Luís Forneiro debulla, en conversa con Alba María, a presenza de Compostela nos romances.
- Contar cantando con Andrés Díaz: O romance entre as orixes e o século XVI’ o profesor, instrumentista e investigador Andrés Díaz conversa con Alba María sobre a necesidade de narrar que atravesa esta forma lírica.
- Tonos e Romances con Diana Baroni: Vestixios do romanceiro vello en Iberoámerica’ Diana Baroni conversa con Alba María sobre as distintas mestizaxes do romanceiro no Novo Mundo.
- O dogma de Menéndez Pidal con José Luís Forneiro: co profesor José Luís Forneiro trata, en parola con Alba María, as viaxes do Romance ao longo do mundo.
Créditos do vídeos da II Flor Nova do Romanceiro Ibérico.
Condutora: Alba María
Convidadas e convidados: Diana Baroni, José Luís Forneiro e Andrés Díaz
Dirección: Ramon Almuinha
Vídeo: Sabela Vázquez Díaz
Son: Ramón Campos
Edición – Aqueladas S. Coop
Música: Andrés Díaz
Elaboración sobre o romance ‘Mi libertad en sosiego’, de Juan del Encina.