Vigo Distrito Flamenco en concerto

vigodf

Dentro do Efecto Proximidade de Nadal’16, presentamos o plato forte da programación, un concerto especial para o mercado de Salgueiriños este xoves ás 13 h con Cuchús Pimentel e o Vigo Distrito Flamenco.

Vigo Distrito Flamenco é unha agrupación de recente formación que pretende mostrar o flamenco no seu tres aspectos fundamentais (cante, baile e guitarra) sen recorrer a fusións nin mistifcacións e, moito menos, a clichés nin estereotipos do pasado se non personalizando e actualizando a tradición co respecto que deriva da experiencia.

Nesta ocasión únese ao grupo o percusionista compostelán Moisés Fernández ben coñecido da aficción famenca galega e espérase que a xente se motive e colabore espontaneamente.

  • Cuchús Pimentel: guitarra
  • Mónica Bermúdez: cante
  • David Rdríguez “Cachito”: cante
  • María Rial: baile
  • Moisés Fernández: percusión

Sobre Cuchús Pimentel.

Guitarrista, arreglista e compositor galego. Licenciado en Guitarra Flamenca pola ESCOLA SUPERIOR DE MÚSICA DE CATALUNYA (ESMUC).

Despois dunha etapa inicial formando parte de grupos de rock, jazz e fusión (NHU, BAIO ENSEMBLE, NOROESTE,…), dedícase ao flamenco desde 1989. Realiza concertos en máis de 20 países de catro continentes como acompañante de figuras do cante e o baile (“EL KIKI”, PITINGO, MARÍA JUNCAL, OLGA PERICET, RAFAEL AMARGO, FALETE;…), formando parte de importantes
compañías (CRISTÓBAL REYES, Os VIVANCOS,…) e tamén como solista e á fronte do seu propio grupo.

Gravou alerdedor de 30 discos entre traballos propios e colaboracións (desde RAFAEL JIMÉNEZ até ISABEL PANTOJA ou Os PIRATAS) e é autor dun concerto para 2 guitarras e orquestra sinfónica (ALMUDAINA) estreado no FESTIVAL DE GUITARRA DE VARSOVIA 2013. No campo do ensino, foi profesor en escolas públicas e privadas e no CONSERVATORIO PROFESIONAL DE PALMA DE MALLORCA. Tamén ofreceu masterclass dentro e fóra de España.

Na actualidade está a gravar o que será o seu próximo CD, no que colaboran músicos como JORGE PARDO, SUKHDEV MISHRA ou DIEGO ÁLVAREZ “El Negro” ademais de exercer como produtor e instrumentista en diversos proxectos discográficos (FJGD, ANGELES RUIBAL, DELIO DOMÍNGUEZ, SAFFRON,…)

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario