VIII Concurso de cuartetos de Luou

A A.C. A Mamoa de Luou (Teo) organiza un ano máis o Concurso de Música Tradicional cumplindo a octava edición. A data límite para a inscrición de grupos (cuartetos tradicionais) é o 16 de outubro e o 19 será a competición no Edificio Social de Luou, Teo. Admítense un número máximo de 20 grupos seleccionados por  orde de inscrición. Podes descarregar a folla de inscrición aquí.

VIII_ConcursoLuouBases para o concurso
“VIII Concurso de Cuartetos Tradicionais” (Luou – Teo)

1.-Poderán participar cuartetos tradicionais, compostos únicamente por:
– Dúas gaitas,  tamboril e bombo (quedarán excluídas gaitas marciais e percusións con parche de plástico).
Todos os grupos participantes deberán ir vestidos co traxe tradicional, que non deberán quitarse ata o final do concurso.
Queda prohibido que os participantes concursen con máis dun grupo.

2.-Establécese unha única categoría sen límite de idade.

3.-As pezas a interpretar poderán ser Tradicionais ou de Autor , e deberán seguir os canons de estilo, estética e ritmo da música para cuartetos tradicionais galegos.

4.-O Xurado valorará os seguintes puntos :
– Afinación,  percusión,  dificultade das pezas,  interpretación e estética.
O Xurado será seleccionado pola Organización e o seu fallo será inapelable.

5.-O Concurso celebrarase o día 19 de Outubro de 2014 no Edificio Social de Luou, Teo. Admitirase un número máximo de 20 grupos,  que serán seleccionados por rigorosa orde de inscrición.
O Concurso terá unha fase previa,  na que os participantes interpretarán unha peza de libre elección (3), cun tempo máximo de 5 minutos de duración.
A fase previa terá lugar ás 12 do mediodía, e unha vez rematada, o Xurado seleccionará 8 grupos que pasarán á fase final. A fase previa non se celebrará senón se supera o número de 12 grupos inscritos.
A fase final  comezará ás 18 horas.  Os grupos finalistas interpretarán dúas pezas cun tempo máximo de 8 minutos e un mínimo de 5, incluído o tempo entre elas.
A orde de actuación nas dúas fases determinarase mediante sorteo previo realizado pola organización.

6.-A data tope de inscrición será o día 16 de Outubro de 2014.

A folla de inscrición debidamente cuberta, deberá ser enviada á seguinte dirección postal :
A. C. A Mámoa
“Concurso de Música Tradicional”
A Igrexa, 18 – Luou
15883 – Teo

Tamén poderán ser enviadas por e-mail a: acamamoa@gmail.com

As bases e fichas de inscrición poderán ser descargadas dende:
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.facebook.com/acamamoa

7.-A Organización comunicaralle por teléfono a súa inclusión no concurso aos grupos seleccionados.

8.-A Organización establece 3 premios:

  • 1  Premio –  1.000 € + Agasallo conmemorativo
  • 2 Premio –    600 € +  Agasallo conmemorativo
  • 3 Premio –    400 € +  Agasallo conmemorativo

9.-Aqueles casos non contemplados nestas bases serán decididos polo Xurado, e a súa decisión será inapelable.

10.-O grupo gañador do concurso repetirá unha das pezas da final, dándose así por rematado o concurso.

11.-A inscrición no concurso implica a total aceptación destas bases.

Observacións
– Os grupos participantes deberán presentarse no Edificio Social de Luou 1 hora antes do comezo de cada unha das fases.
– A Organización resérvase os dereitos de gravación de todos os temas interpretados no concurso.

Contacto:
acamamoa@gmail.com
http://amamoa.atwebpages.com
http://www.facebook.com/acamamoa
Telf.:  609 666 805 (Miguel)
657 247 504 (Xandre)

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario