Estes 5, 6 e 7 de xuño celébrase a oitava edición do festival altenativo Millo Verde cun cartel de bandas internacional e atractivo e outras actividades de cultura urbana fóra do palco abertas ao público jam graffiti, campionato de basket 3×3, exhibicións de danza africana e breakdance, obradoiros para nenos, artistas de rúa e o máis que coñecido eskalabirras entre outras…
E coma sempre: Concertos baixo carpa, actividades e acampada son de balde!!!
info básica:
- HORA DE COMEZO CONCERTOS: 20.00 o Xoves, 22.30h o Venres e o Sábado.
- SITUACION: Avd. Mendiño (explanada-aparcamento entre o río pexegueiro, o instituto I.E.S. Mendiño e o pavillón de deportes de Redondela).
ACTIVIDADES DE DÍA
– Basket 3×3 : Equipos formados por 4 persoas xogarán un campionato na pista de
baloncesto anexa á Alameda. Venres 6 e Sábado 7. (16h a 20h)
– Jam Graffiti : Realización e exposición de graffitis no palco da Alameda, sumándose á cita
algunha obra feita nalgunha das paredes da vila en desuso. Venres 6 e Sábado 7.(17h a 20h)
– Obradoiros a cargo de Xoeira : Este ano volve colaborar a Asociación Xoeira cos máis
cativos. Montarase un obradoiro para creación de espantallos, deixando voar a sua
creatividade. Venres 6.(17h a 18.30h)
– Danza Africana : Mostra e obradoiro de danza africana a cargo das alumnas da Escola
Mesturas con Cristina Malvarea ó frente. Volven para deleitarnos e enseñarnos novos
ritmos africanos, poidéndose animar quen queira. Venres 6.(19h a 21h)
– Eskalabirras : Volverase tocar o ceo de Redondela! Axudados por técnicos, intentaráse
batir os records de escalada de caixas de cervexa na Alameda de Redondela. Sábado 7.(17h a 21h)
– Breakdance : Nova actividade na que ensinaranse pasos básicos de baile a cargo de
Héctor Gésex. Ademáis de obradoiro de pasos de breakdance, fará unha exhibición
para delicia dos asistentes. Sábado 7.(18h a 19h)
– Artista de Rúa : Este ano acompáñanos Asacocirco co seu espectáculo “Casal em risco”.
Esta agrupación farannos desfrutar co sua obra que mistura comedia con acrobacias.Sábado 7.(19h a 20h)
– Concertos á tardiña : Concerto a cargo de Xenderal ó lado do campo da Alameda.Sábado 7.(20h a 21h)
CONCERTOS
XOVES 5
- CHALECO REFLECTANTE (Redondela)
- + BANDA INVITADA
VENRES 6
- BREAKIN´ BONES (Vigo/Galiza)
- THE BUCKET BOYZ (Amsterdam/Holanda)
- MAISON DU MALHEUR (Amsterdam/Holanda)
- XENDERAL (Cerceda/Galiza)
SABADO 7
- CARAMUXO VERMELLO (Redondela/Galiza)
- MUYAYOS DE RAIZ (España)
- BLASTED MECHANISM (Lisboa/Portugal)
- TRICICLO VIVO (Oporto/Portugal)
O festival está argallado pola Asociación Millo Verde desde principios do ano 2007 co fin de promover accións encamiñadas á defensa, protección e mellora do patrimonio comunal e cultural de Galicia entre outros fins, tal como se pode concluír da lectura dos seus estatutos.
A asociación Millo Verde ten no seu andar moitas colaboracións con outros colectivos no desenvolvemento de notables actividades lúdico-culturais, entre as que cabe destacar: a colaboración anual no Magosto popular Xoeira, a colaboración no I Festival alternativo Frikiroga,e a participación na Foliada de Nou Barris (BCN), como na organización na Foliada de Redondela que se celebrou en Redondela e que buscou como obxectivo o intercambio cultural Galego-Catalán.
A pesar de esto e o Festival Alternativo Millo Verde a súa actividade principal que con carácter anual se celebra a mediados de xuño e que xa vai pola séptima edición.