Volta o Baile Assalto da ELMPG

BAssalto14aCentral Folque organiza unha nova quenda de Bailes Assalto para o novo curso 2014-15. Temos os últimos tres do ano 2014 enfiados e en deseño os catro de 2015. Para o mes de outubro (venres 24) temos dúas convidadas de excepción, Celina da Piedade e Lia Marchi para conducir un baile especial sobre as danzas do Alentejo. As datas serán aliás o 21 de novembro e o 12 de decembro.

A noite iniciarase ás 19 h cun obradoiro sobre os bailes alentejanos e o BA comezando ás 21.30h.

A noite completarase coa música do dúo de acordeón e sanfona de Roberto Grandal e Óscar Fernández nun repaso polo bailes de moda do curso  pasado nos Baile Assalto: mazurka, bourrée, scottish/valse, chapeloise, xota, an-dro…

O Bailes Assalto son lugares de encontro para danzar coa mellor música ao vivo os bailes europeos e americanos de moda cada segundo venres de mes (con excepcións!) na Gentalha do Pichel (Santiago DC). A entrada é de 4 € (5 € para quen non sexa alunado da ELMPG ou soci@ da Gentalha).

Se queres máis información sobre Lia ou Celina, podes ver o evento na axenda folque.


 

Se non sabes o que é un Baile Assalto, este vídeo pode darche unha idea:

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario