Xavier Groba no Curso Maxistral

Esta semana o Curso Maxistral da Escola de Música Popular e Avanzada que imparte as súas aulas no Auditorio de Galicia para un escollido número de alunos e alunas con interese en afondar na música tradicional convida a un investigador de escepción a impartir un seminario especial sobre o “alalá”: Xavier Groba. Este musicólogo é o maior estudoso da faceta compiladora de D. Casto Sampedro e o seu legado nos fondos do Museo de Pontevedra que investigou durante vinte anos e constituíu a súa tese doutoral, disponível online, publicada en papel no 2012 polo concello de Redondela en dous volumes. Especialista no cantigueiro galego, nas súas fontes nos cancioneiros e reconstrucción de repertorio falará destes e outros temas sobre a música de tradición oral galega arredor do xénero construído como “alalá”.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario