Zona da Zanfona, o festival internacional organizado por aCentral Folque chega a súa XIIª edición. Seducidos polos cálidos e longos dias de verán estreamos desta volta un novo calendario. Do 27 ao 31 de xullo Rianxo convértese no epicentro mundial da zanfona.
Ademais de punto de encontro e espazo fundamental de intercambio musical para zanfonistas, Zona da Zanfona ofrece unha experiencia musical directa que emociona. A súa coidada programación desenvólvese no casco histórico da acolledora vila de Rianxo e permite ao público ser partícipe de cursos e bailes así como interactuar e confraternizar con músicos e luthieres.
Se queres unha alternativa aos masificados festivais de verán, súmate á (inmensa) minoría que prefire desfrutar, saborear e deixarse sorprender pola proximidade das outras músicas coas que sempre nos agasalla a zanfona.
Dúas áreas complementarias
En Zona da Zanfona encontrarás un programa formativo con dous cursos: o de iniciación para o cal non é preciso nin instrumento nin coñecementos previos, só ganas de experimentación, e o de perfeccionamento destinado a zanfonistas en activo. O profesorado desta edición está conformado por dúas figuras indispensábeis do rexurdimento que vive a zanfona en Galiza, os mestres de prestixio internacional Anxo Pintos e Óscar Fernández.
Ademais, Zona da Zanfona sustánciase nun coidado programa de concertos, bailes, animación de rúas, encontro de tocadores e a exposición “Zanfonistas de Castelao”, comisionada polo Fondo Musical de Rianxo que se poderá desfrutar durante todos os días do encontro na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo.
Un espazo de conexión
Zona da Zanfona ten acollido ás maiores figuras internacionais deste instrumento como Valentín Clastrier, Matthias Loibner, Gilles Chabenat, Gregory Jolivet, Marc Egea, Isabelle Pignol, Tobie Miller, Adrià Grandia, Germán Díaz, Patrick Bouffard entre outros. Luthieres como Jaime Rebollo, Luciano Pérez, Pablo Cid, Xaneco Tobío ou Cesar Loureiro e investigadores como Xulio García Bilbao e José Luis do Pico Orjais teñen igualmente aquí o seu tradicional punto de encontro.
Por vez primeira, terá lugar un espazo de convivio para todo o alumnado das diferentes escolas de zanfona que hoxe existen en Galicia. Durante a mañá do domingo abriremos o palco da praza Rafael Dieste a todos os zanfonistas chegados de calquera punto.
Zona da Zanfona, organizado por aCentral Folque e có apoio do Concello de Rianxo e a Deputación da Coruña, segue a estender os límites musicais deste “sintetizador medieval”. Desde o ano 2000 aposta e pon en conexión a profesionais, alumnado, luthieres e público contribuíndo de forma decisiva á renovación do instrumento.
Zona da Zanfona. 12 Encontro Internacional. Rianxo. 27-30 xullo 2016
PROGRAMA
Mércores 27 xullo. Mercadiño Praza Castelao. 12 h
- Dúo Sobre Rodas. Concerto ambulante.
Venres 29 xullo. Praza Rafael Dieste. 21.30h
- Os Cempés. Baile 100%. Con obradoiro previo de iniciación
Sábado 30 xullo. Praza Rafael Dieste. 21.30h
- Anxo Pintos + Obal. Concerto e baile
Domingo 31 xullo. Praza Rafael Dieste. 12 h
- Palco aberto. Xuntanza de escolas de zanfona de Galiza
*Todas as actividades son de balde
Cursos de zanfona. Auditorio de Rianxo
Óscar Fernández. Curso iniciación. 5 €. Venres 29. 16-20h
Anxo Pintos. Curso perfeccionamento. 30 €. Sábado 30. 10-14h e 16h – 19h
Exposición
“Zanfonistas de Castelao”, durante os días do encontro na Biblioteca Pública Municipal de Rianxo. Comisionada polo Fondo Musical de Rianxo
+ info e inscrición para cursos: info@folque.com / www.folque.com
Info para os cursos de zanfona:
Inscrición e info xeral:
- Correo electrónico: info@folque.com
- Teléfono: +34 698 144 852
Enviar e-mail cos seguintes datos:- Nome e apelidos / Correo electrónico- Nº de teléfono / Xustificante de ingreso en conta
Detalles bancarios:
Nova Caixa Galicia 2080-0342-60-3040009110
Asociación do Conservatorio de Música Trad. e Folque
*indicar no pagamento o nome da persoa que asiste ao curso e o concepto “aportación”
CURSOS:
Iniciación con Óscar Fernández. Non é preciso instrumento, a organización facilitará un.
Venres 29 xullo: de 16 a 20 h no Auditorio de Rianxo
Prezo Curso: 5 €
Curso: prazas limitadas (9)
Perfeccionamento con Anxo Pintos
Sábado 30 xullo: de 10 a 14 e de 16 a 20 h
Prezo Curso: 30 €
Curso: prazas limitadas (20)
Créditos:
Organiza aCentral Folque I Promove Concello de Rianxo e Deputacion da Coruña I Colabora Padroado de Cultura de Narón
Pingback: ZONA DA ZANFONA: en Rianxo do mércores 27 ao domingo 31 de xullo - Educación, Cultura e Normalización Lingüística - rianxo