A dupla de Ugia Pedreira e Fred MArtins que percorreron os palcos deste e outros países e que deu ese magnífico disco chamdao despois da ave atlántica, despídese dos palcos nuns concertos finais que os levarán a algunhas vilas galegas.
No Museo do Mar de Galicia en Vigo comezan a dicir adeus este proxecto que nacía no 2010 nun encontro en Niteroi, en casa do cantor brasileiro que o levou en menos de un ano a instalarse e botar raíces en Galicia. Ademais deste concerto que se celebrará o 25 de abril, está confirmada xa a data do seguinte recital na Illa de Arousa.
O día 1 de xuño de 2011 saía o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira “Acrobata“, unha nova aventura de mistura musical galega e brasileira. Estará á venda nos concertos de despedida cun prezo especial, así coma na loxa de www.folque.com e en tendas especializadas. O discos son composións de Fred e Ugia e algúns colaboradores coma Germán Diaz, Marcos Suzano, Pablo e Pedro Pascual,… Altamente recomendábel e cheo da frescura do Atlántico que une ámbolos dous países.
Os concerto de presentación do traballo foron nunhas memorábeis sesións o 2 e venres 3 de xuño no Parque de Belvís de Santiago no CIAC (centro de Interpretación Ambiental de Compostela) e despois visitaban o resto das cidades galegas.