XVI Vilariño Folc 2015

vilarinofolcMais un ano celébrase este festival no Hío (Cangas) este 15 de agosto. Desta volta cos grupos en cartel Pelepau, Kepa Junquera, Chotokoeu, Cuchufellos e unha interesante mostra de instrumentos na que estará tamén pola tarde aCentral Folque cos últimos libros que acaba de publicar.

aCentral Folque estará na XVI Festa Folc de Vilariño os últimos títulos publicados no 2015: os libros da Chave Mestra arredor de persoeiros históricos da música popular e o disco da nova voz galega Alba María.

A colección Chave Mestra que edita aCentral Folque publica sobre persoeiros senlleiros da música tradicional. Unha edición coidada de libros escritos por diferentes autores, sempre acompañados dun CD, partituras e estudos sobre o contexto, a biografía e a etnomusicoloxía. Unha serie coordinada por Ramon Pinheiro Almuinha que se ampliará nos vindeiros meses. Até o momento, están publicados os estudos: 

  • Os contos de Joselín, primeiro en gravar contos en galego no 1929 escrito por Laura Tato;
  • Amadeo Goyanes e as zanfoneiras de Monforte, escrito por Pablo Quintana;
  • Pazos de Merexo e o acordeón na Costa da Morte escrito por Xurxo Souto coa análise musical de Pedro Pascual;
  • Florencio dos Vilares, cun análise musicolóxica de Dorothé Schubart que volve a publicar en galego despois de trinta anos. Transcrición das letras de Antón Santamarina e transcrición etnomusicolóxica de grande calidade de Sergio de la Ossa e do húngaro Andras Vavrinecz.
  • Adelino Pichel e os gaiteiros de Forcarei escrito por Juanjo Fernández

Todos os libros están acompañados por un CD con gravacións históricas inéditas e partituras.

About Folque

aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular. Galiza, Europe
Bookmark the permalink.

Deixa un comentario